Michel Teló, nado en Medianeira (Paraná) o 21 de xaneiro de 1981, é un cantante e compositor brasileiro. Formou parte de dúas bandas, pero foi co grupo Tradição co que obtivo os primeiros éxitos na súa carreira como cantante, entre os que destacan "Barquinho", "O Caldeirão", "Pra Sempre Minha Vida", "A Brasileira", "Ai Se Eu te Pego" e "Eu Quero Você". Ademais de cantante e compositor é un bailarín, e toca o acordeón e harmónica.
A súa canción "Ei, Psiu! Beijo Me Liga" foi un grande éxito en 2010. Ademais desta, tamén foi todo un éxito a canción "Fugidinha", cuxos autores son Rodriguinho e Tiaguinho, integrantes dun grupo brasileiro de pagode orixinario de São Paulo: Exaltasamba. A versión de "Fugidinha" que é interpretada por Michel Teló foi un grande éxito nun programa de televisión brasileiro, coñecido baixo o nome O Melhor do Brasil da cadea Rede Record, e foi parte dous anos consecutivos da banda sonora dunha telenovela xuvenil chamada "Malhação", da cadea Rede Globo.
No 2011 a súa canción "Ai Se Eu Te Pego" foi un éxito.
Fama internacional
Coa canción "Ai se eu te Pego" acadou a fama fóra do Brasil debido ao baile do xogador de fútbol profesional Neymar. En España púxose de moda logo da celebración de Cristiano Ronaldo e Marcelo despois de marcar un gol co Real Madrid.