Mera de Abaixo, Ortigueira

Mera de Abaixo
Igrexa de Mera de Abaixo.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°38′02″N 7°53′45″O / 43.63376616, -7.89569501
Área9,17 km²
Poboación234 hab. (2013)
Densidade25,52 hab./km²
Entidades de poboación31[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Mera de Abaixo é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (129 mulleres e 105 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.

Xeografía

Mera de Abaixo está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na desembocadura do río Mera que vén atravesando a parroquia de norte a sur. Linda polo norte coa ría de Ortigueira e coa parroquia de Veiga dende o regato Mazaricos, polo leste limita coa parroquia de San Claudio no regato de Carballo de Boi, polo sur coa parroquia do Mera de Arriba e polo oeste linda coa parroquia de Montoxo do concello de Cedeira. A estrada AC-862 cruza a parroquia por Ponte de Mera, e dende aquí mesmo sae a estrada que vai até Cariño. Tamén cruza este val cun viaduto de once arcos a vía de FEVE, que dispón no lugar do Souto dunha estación, hoxe reducida a un apeadoiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial na honra de Santiago e que ten planta de cruz latina está no lugar do Cereixal e ao seu carón queda o cemiterio parroquial, afastado todo hoxe do que foi o crecemento de poboación ao longo da AC-862 en Ponte de Mera. Preto de aquí polo camiño até Ponte Noval en Mera de Arriba está o Pazo do Souto, en rehabilitación.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Mera de Abaixo

Lugares da parroquia de Mera de Abaixo no concello coruñés de Ortigueira

Beluz | Caparelle | A Casanova | O Castro | O Cereixal | A Corredoira | As Croas | A Estación | A Feira | A Ferrería | Ferrol Vello | O Forno | O Lagar | Os Muíños | O Murallón | O Outeiro | Painceiras | A Pardiñeira | O Peteiro | A Ponte de Mera | A Porta do Crego | Porteiro | Pumariño | As Raíces | O Reto | O Souto | Torrente de Abaixo | Torrente de Arriba | A Veiga | O Vilar | Vilariño

Parroquias de Ortigueira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos