Os peixes son medidos comunmente de varias maneiras. Os taxónomos usan as seguintes dúas medicións para todos os peixes.
Longo estándar (standard length) (SL), refírese ao longo do peixe medido desde a punta do fociño ata o límite posterior da última vértebra ou a porción mediolateral da lámina hipural. Posto simplemente, esta medición exclúe o longo da aleta caudal.[1]
Longo total (total length) (TL), refírese ao longo da punta do fociño ata a punta do lóbulo máis longo da aleta caudal, xeralmente medido cos dous lóbulos comprimidos ao longo da liña media. É unha medición recta, non medida sobre a curvatura do corpo.[2]
As medicións de longo estándar son utilizadas cos teleósteos (a maioría dos peixes óseos), mentres que as medicións de longo total son usadas en Myxini, Petromyzontiformes (lampreas) e, ás veces, en Elasmobranchii (quenllas e raias), como nalgúns outros peixes.[2]
Ademais, os biólogos pesqueiros a miúdo usan unha terceira medición longo de pinza (fork length) (FL) en peixes con colas en pinza. Esta medida é o longo desde a punta do fociño ata o fin dos raios medios da aleta caudal, e é usada en peixes onde é difícil determinar onde termina a columna vertebral.[3]