A medicina do traballo é a especialidade médica que se dedica ao estudo das enfermidades e os accidentes que se producen por causa ou como consecuencia da actividade laboral, así como as medidas de prevención que se han adoptar para evitar ou reducir os riscos laborais. En España a especialidade creouse en 1984, anteriormente existía o diploma de medicina de empresa.