Medea é un filme italiano dirixido por Pier Paolo Pasolini, baseada na obra Medea de Eurípides. Foi rodada entre Turquía e Siria.
Foi a única incursión no cine da diva da ópera Maria Callas, que en 1969 xa se retirara do mundo lírico.
Pasolini escolleuna porque Callas fora a máis célebre Medea na ópera do mesmo nome, obra de Cherubini.
Sinopse
É unha adaptación moi persoal da traxedia grega de Eurípides, na que Pasolini mostra a tráxica confrontación entre dous culturas incompatibles: o mundo máxico e irracional de Medea e o mundo racional de Xasón.