Max Giorgio Choa Minghella, nado o 16 de setembro de 1985 en Hampstead, Londres, é un actor inglés mellor coñecido como Max Minghella. É fillo do director de cine Anthony Minghella.
Traxectoria
Max naceu no barrio londiniense de Hampstead e é fillo do director de cine Anthony Minghella (1954—2008) e de Carolyn Choa, unha coreógrafa nada en Hong-Kong. Medrou entre os sets de rodaxe dos filmes do seu pai.
A súa carreira como actor comezou no 2005 e participou en varios fimes, como Ágora (2009), do director Alejandro Amenábar.
Actualmente vive en Londres, onde estuda e adoita participar en filmacións durante as vacacións de verán.
Filmografía
Véxase tamén