Masahiko Kimura (木村政彦, Kimura Masahiko?), nado en Kumamoto o 10 de setembro de 1917 e finado o 18 de abril de 1993, foi un judoka xaponés.
Traxectoria
Profesional dende os 20 anos, obtivo o grao de 7º dan en judo aos 29 anos. Foi campión do aberto xaponés de judo e mantivo o título durante 13 anos, sufrindo só unha derrota durante todo ese período.