María Luísa de Borbón-Parma |
|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1870 Roma, Italia |
---|
Morte | 31 de xaneiro de 1899 (29 anos) Sofía, Bulgaria |
---|
Causa da morte | pneumonía |
---|
Lugar de sepultura | Cathedral of St Louis (en) |
---|
|
Consorte de Bulgaria |
---|
|
|
|
Ocupación | aristócrata, consorte |
---|
|
Título | Princess of Parma (en) Princesa consorte |
---|
Familia | Casa de Borbón-Parma |
---|
Cónxuxe | Fernando I de Bulgaria (1893–) |
---|
Fillos | Boris III de Bulgaria, Cirilo de Bulgaria, Eudoxia de Bulgaria, Nadejda de Bulgaria |
---|
Pais | Roberto I de Parma e María Pía das Dúas Sicilias |
---|
Irmáns | Xabier de Borbón-Parma Prince Gaetano of Parma Henrique, Duque de Parma Félix de Bourbon-Parma Elias, Duque de Parma José, Duque de Parma René van Bourbon-Parma Sisto Fernando de Borbón-Parma Maria Antonia van Bourbon-Parma Zita de Bourbon-Parma Béatrice de Bourbon-Parme Prince Ferdinand, Prince of Piacenza Prince Luigi of Parma |
---|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
---|
|
María Luísa de Borbón-Parma (en búlgaro: Мария-Луиза Бурбон-Пармск), nada en Roma o 17 de xaneiro de 1870 e finada en Sofía o 31 de xaneiro de 1899 foi unha aristócrata italiana, por nacemento princesa de Parma, por matrimonio con Fernando I de Bulgaria princesa consorte de Bulgaria e nai do tsar Boris III de Bulgaria.
Traxectoria
Naceu en Roma e desde o momento do seu nacemento foi princesa de Parma, a pesar de que a súa familia fora expulsada de Parma anos antes.
Foi a filla máis vella de Roberto I de Parma e da súa primeira esposa, a princesa María Pía de Borbón-Dúas Sicilias. Por liña paterna era neta do duque Carlos III de Parma e da princesa Luísa de Borbón, mentres que por materna foino do rei Fernando II das Dúas Sicilias e da arquiduquesa María Tareixa de Austria-Teschen.
Matrimonio e descendencia
A política europea do século XIX ditaba que pola súa condición de princesa, o seu matrimonio debía ser de útil para a súa familia, e para fortalecer as relacións con Bulgaria o seu pai negociou os esponsais co entón príncipe herdeiro daquel reino, Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha, que despois de falecer a súa muller e tras a abdicación do seu pai, foi tsar de Bulgaria, polo que María Luísa non foi tsarina, só princesa.
O matrimonio celebrouse o 20 de abril de 1893 en Vila Pianore, situada en Camaiore, Lucca (Italia), e residencia de Roberto I de Parma, pai da contraente. A pesar da polémica sobre o amaneiramento do esposo, o matrimonio non tardou en ter sucesión, e nove meses e dez días despois do enlace naceu o seu primeiro fillo, o príncipe Boris, ao que seguiron tres irmáns máis:
- Boris III de Bulgaria (1894-1943), tsar de Bulgaria.
- Cirilo de Bulgaria (1895-1945), rexente de Bulgaria, que foi asasinado polos comunistas.
- Eudoxia de Bulgaria (1895-1985), morreu solteira.
- Nadezhda de Bulgaria (1899-1958), casou co duque Alberte Euxenio de Württemberg, de quen tivo descendencia.
Morreu en Sofía en 1899 tras dar a luz á súa cuarta filla, cando só contaba 29 anos de idade. Foi sepultada na catedral de San Lois de Francia, na cidade búlgara de Plovdiv e de relixión católica, pois María Luísa nunca abandonou a súa confesión católica en favor da ortodoxa propia do seu marido.
Distincións honoríficas
- Dama gran cruz da Orde de Santo Alexandre (Principado de Bulgaria).
Devanceiros
Devanceiros de María Luísa de Borbón-Parma
Véxase tamén
Bibliografía
- Aronson, Theo (1986) Crowns in conflict: the triumph and the tragedy of European monarchy, 1910-1918, John Murray Publishers, Londres. ISBN 0-7195-4279-0
- Constant, S. (1979) Foxy Ferdinand, 1861-1948, Tsar of Bulgaria, Sidgwick and Jackson, Londres. ISBN 0-283-98515-1