Martín Lasarte

Modelo:BiografíaMartín Lasarte

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1980–1985   Club Atlético Rentistas
1986–1986   Central Español Fútbol Club
1987–1987 Rampla Juniors Fútbol Club
1988–1988   Club Nacional
1988–1989 Club Nacional
1989–1992   Deportivo da Coruña
1993–1994   Defensor Sporting Club
1996–1996 Rampla Juniors Fútbol Club
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Rampla Juniors Fútbol Club (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Martín Bernardo Lasarte Arróspide, nado en Montevideo o 23 de marzo de 1961, é un exfutbolista uruguaio e actual adestrador de fútbol. Xogaba de defensa e actualmente adestra a selección de Chile.

Traxectoria

Naceu en Montevideo, sendo fillo dunha uruguaia e dun emigrante vasco de Andoain, que tamén xogara ao fútbol antes de marchar cara ao Uruguai.[1][2]

Como xogador

Como xogador comezou en Rentistas, pasando logo por Central Español e Rampla Juniors antes de recalar en 1988 no Nacional de Montevideo. Con este equipo gañou a Copa Libertadores e a Copa Intercontinental en 1988. En xaneiro de 1989 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou ata 1992, chegando a ser capitán. Volveu logo ao Uruguai, onde xogou no Defensor Sporting, e de novo en Central Español e CA Rentistas.

Como adestrador

Como adestrador a súa traxectoria comeza en 1996, cando asina con Rampla Juniors FC, no que remata en sexto lugar do Torneo Apertura e segundo do Torneo Clausura, sendo eliminado na segunda rolda do denominado "Torneo Nacional" e último da liguiña pre-Libertadores.

En 1997 termina sexto do Torneo Apertura e undécimo do Torneo Clausura.

En 1998 pasa ao CA Rentistas, ao que clasifica por primeira vez na súa historia a un torneo internacional, a Copa Conmebol, sendo oitavo do Torneo Apertura, subcampión do Torneo Clausura e rematar no cuarto lugar da temporada, clasificándoo por primeira vez á liguiña pre-Libertadores, onde obtén praza para a Copa Conmebol. Foi o equipo con menos derrotas do Torneo Clausura e do campionato uruguaio de 1998. No Torneo Clausura o equipo estivo invicto durante 949 minutos, a segunda mellor racha da historia do Campionato uruguaio até ese momento. En 1999 remata sétimo do Torneo Apertura e último do Torneo Clausura. Na Copa Conmebol chega até oitavos de final.

En 2000 e contratado como adestrador do CA Bella Vista. Despois dunha primeira temporada rematando en oitavo lugar logra unha boa campaña no 2001, rematando quinto no Torneo Clasificatorio e clasificándose para a fase final do Campionato uruguaio.

En 2002 viaxa a Emiratos Árabes Unidos para dirixir ao Al Wasl Club Dubai. Cando asinou o contrato o equipo estaba penúltimo, logrando tan só 4 puntos en 7 partidos, e nos 5 meses que o dirixiu levouno ao quinto posto, logo de obter 26 puntos en 15 partidos.

En 2003 regresa ao Uruguai para asinar como técnico do River Plate, que se atopaba na Segunda División. O equipo estaba nas últimas posicións do Torneo Apertura, con apenas 3 vitorias en 12 partidos e Lasarte levouno a rematar sexto entre 18 equipos no Torneo Clausura. En 2004 mantivo a River Plate invicto durante as 8 primeiras xornadas do campionato, con 7 vitorias e un empate. Coróase campión do Torneo Apertura, é subcampión do Torneo Clausura e remata en primeiro lugar da táboa xeral da temporada con 63 puntos, coroándose campión da Segunda División e logrando o ascenso.

En 2005 asina como adestrador do Nacional de Montevideo, quedando último de grupo e eliminado na fase de grupos da Copa Libertadores, aínda que logo coroarase campión do Campionato uruguaio de forma invicta. En 2006, chega ata oitavos de final da Copa Libertadores, alcanzando posteriormente os cuartos de final da Copa Suramericana. Coroarase campión do Torneo Clausura, obtendo o dereito a xogar a final da temporada 2005-2006 ante Rocha, ao que vence por 4-1 na ida e 2-0 na volta, conseguindo así o seu segundo Campionato uruguaio. Logo de rematar quinto no Torneo Apertura da temporada 2006-2007, non renovará o seu contrato.

En 2007, logo de permanecer 3 meses en España coa súa familia, regresa a Montevideo. Na segunda metade do ano foi contratado polo Millonarios de Bogotá, o club que máis veces foi campión en Colombia, substituíndo a Juan Carlos Osorio. Tras a súa chegada a Millonarios, Martín Lasarte deixou en crise ao club: tras xogaren 9 partidos só obtivo dous triunfos, un empate e seis derrotas, o que provocaron a súa saída do club xunto ao seu corpo técnico.

O 24 de maio de 2011 anunciouse que non continuaría na Real Sociedade.[3]

Palmarés

Como xogador

Como adestrador

Premios individuais

  • Premiado como Mellor adestrador uruguaio do ano 1998, na festa anual de condecoración da internacionalmente recoñecida enquisa "América y Europa le responden a El País" do diario El País de Montevideo.
  • Premiado como Mellor adestrador da Segunda División do Uruguai en 2004.
  • Premiado polo Círculo de Xornalistas con mención especial por gañar consecutivamente os Campionatos de Segunda División e Primeira División do Uruguai.
  • Premiado co Premio Mariscal como Mellor adestrador da temporada 2005-2006.

Notas

  1. "Martín Lasarte: «Mi padre era practicante en Andoain y recorría los caseríos en su moto»" (en castelán). 22 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  2. "«Sé tú mismo y triunfarás»" (en castelán). 3 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  3. "Prescinde de Lasarte y piensa en Bielsa"

Véxase tamén

Ligazóns externas