Martynas Sajus, nado o 22 de febreiro de 1996 en Kelmė, é un xogador de baloncesto profesional internacional lituano. Formado nas categorías inferiores do Žalgiris Kaunas, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,08 m, xoga na posición de pivote.[2]
Traxectoria
Nado en Kelmė, Lituania, Sajus chegou ao profesionalismo da man do Žalgiris Kaunas, club co que asinou un contrato de cinco anos en 2014, comezando a xogar co filial do equipo da segunda división do país. Na súa primeira temporada, fixo unha media de 5,4 puntos e 3,9 rebotes por partido. En decembro de 2015, debido ás lesións no primeiro equipo debuta na máxima categoría LKL contra o BC Dzūkija, anotando no seu primeiro encontro dous puntos. O 29 de decembro de 2015, estreouse na EuroLiga contra o Laboral Kutxa. Após finalizar a temporada, foi cedido ao Polpharma Starogard Gdański da primeira división polaca. Tras unha tempada exitosa, regresou ao Žalgiris, dividindo o seu tempo entre o filial o primeiro equipo.
O 3 de xullo de 2018, separouse do equipo e asinou co Wilki Morskie Szczecin polaco. Durante a temporada 2019−20, regresa a Lituania para xogar nas filas do Lietkabelis, debutando tamén na Basketball Champions League. Nesta última competición fai unha media de 8,9 puntos e 4,9 rebotes por partido. El 6 de xuño de 2020 faise oficial a súa fichaje polo BAXI Manresa da Liga ACB. Após finalizar o seu contrato co club catalán, asina co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga, onde fai unha media de 11,2 puntos e 7,1 rebotes por encontro. Tras un ano en Alemaña, asina co ONVO Büyükçekmece da Basketbol Süper Ligi (BSL), sendo os seus números 10,5 puntos e 5,4 rebotes por xogo.[2] O 17 de xullo de 2023, Sajus asinou un contrato dun ano con Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.[1]
Clubs
Ao longo da súa carreira, Sajus ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
- Žalgiris-2 Kaunas (NKL, 2014–2016)
- Žalgiris Kaunas (LKL / Euroliga, 2015–2016)
- Polpharma Starogard Gdański (PLK, 2016–2017)
- Žalgiris-2 Kaunas (NKL, 2017–2018)
- Žalgiris Kaunas (LKL, 2018)
- King Szczecin (PLK, 2018−2019)
- Lietkabelis Panevėžys (LKL / BCL, 2019−2020)
- Baxi Manresa (ACB, 2020−2021)
- Medi Bayreuth (BBL / FEC, 2021–2022)
- ONVO Büyükçekmece (BSL, 2022–2023)
- CB Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas