Mariña Arbor Aldea, nada o 17 de outubro de 1973[1] en San Fagundo, San Cristovo de Cea, é unha filóloga, profesora, investigadora e política galega.
Traxectoria
En 1997 graduouse en Filoloxía Románica e ao ano seguinte en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica En 2001 doutorouse en Filoloxía Románica na USC.[1] Realizou un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal, sendo desde 2010 Profesora Titular de Universidade na USC.[2]
É investigadora principa no Portal Universo Cantigas,[3] xunto co profesor Manuel Ferreiro da UDC, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.
Obra
- Letteratura galega (en italiano).[4]
- O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (2001).[5] USC. ISBN 978-84-8121-951-7.
- Cancioneiro da Ajuda [edición facsímile] (2008). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
- Cancioneiro da Ajuda. Transcrición e notas (2015). Washington, D.C. Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric - Georgetown University. ISSN: 2332-1377.[6]
Libros colectivos
- Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa (2010).
- Pergamino Vindel (2016).
- Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores (2020).
- Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica (2021).
- O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago (2021). Ed. Canela. “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões”
Traducións
- El canon de la literatura europea (2012).
- A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019).
Notas