Maria Alice Monteiro de Campos Vergueiro, nada en São Paulo o 19 de xaneiro de 1935 e finada na mesma cidade o 3 de xuño de 2020, foi unha profesora universitaria e actriz e directora teatral brasileira, considerada a meirande actriz experimental brasileira da súa xeración[1].
Traxectoria
Descendente da familia Campos Vergueiro, que forma parte da elite paulista descendente dos fundadores da cidade. Seu pai foi Nicolau Pereira de Campos Vergueiro Neto e súa nai Maria Antônia Borges, entre os seus antepasados figuran o senador Vergueiro, un dos máis influentes políticos da época do Imperio (1822-1889), o barón de Vergueiro, o de Antonina ou o de Ibicuí. Seu tío paterno foi o actor Carlos Vergueiro, un dos fundadores do Teatro Brasileiro de Comedia.
Maria Alice estudou pedagoxía na Universidade de São Paulo.
Debutou no teatro en 1962 no espectáculo A Mandrágora, so a dirección de Augusto Boal. Pasou logo ao elenco de actores do Teatro Oficina, onde actuou en 1967 na histórica montaxe O Rei da Vela de Oswald de Andrade, so a dirección de José Celso Martinez Corrêa.
Seguindo as experiencias do teatro experimental norteamericano do Living Theatre, da obra de Bertolt Brecht e do gusto polo grotesco[2] fundou en 1977 con Luiz Roberto Galízia e Cacá Rosset, o Teatro do Ornitorrinco, compañía coa que tamén actuou en diversos espectáculos.
En 1992, actuou e dirixiu o espectáculo O Amor de Dom Perlimplim com Belisa en seu Jardím de Federico García Lorca, inaugurando o segundo grupo da compañía que contou coa colaboración de varios profesionais do elenco principal da compañía como Ricardo Castro, Luciano Chirolli, Gerson Steves; ademais de Rosana Seligman e Wanderley Piras. En 1995 dirixiu a peza Quíntuplos, tamén do segundo grupo, con Christiane Tricerri e Luciano Chirolli entre outros. En 2002, xa afastada do Ornitorrinco, adaptou Mãe Coragem, na que tamén actuou so a dirección de Sérgio Ferrara ao lado de Rubens Caribé e José Rubens Chachá.
Na curtametraxe Tapa na Pantera, dirixida por Esmir Filho, Mariana Bastos e Rafael Gomes interpretou unha dama fumadora marihuana dende hai trinta anos que fala sobre as súas experiencias coa droga. A personaxe creouno a propia actriz. A curta foi un dos primeiros[3] vídeos virais da Internet brasileira tras subirse a YouTube. En 2016 protagonizou a curta Rosinha, dirixida por Gui Campos e que recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio Especial do Xurado no 44º Festival de Gramado.
Foi profesora de teatro na Facultade de Educación e mais na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. En 2003 detectáronlle párkinson[4], e morreu no Hospital das Clínicas de São Paulo, aos 85 anos vítima de pneumonía[4].
Teatro
Ano
|
Título
|
1962
|
A Mandrágora
|
1964
|
A Ópera de Tres Vinténs, de Bertolt Brecht
|
1965
|
A Grande Chantagem
|
1967
|
O Rei da Vela, de Oswald de Andrade. Dirección de Zé Celso Martinez Correa
|
1972
|
Gracias, Señor. Creación colectiva, dirección de Zé Celso Martinez Correa
|
1973
|
O Casamento do Pequeno Burguês
|
1975
|
Galileu Galilei. Dirección de Zé Celso Martinez Correa
|
1977
|
Delírio Tropical
|
1977
|
Os Máis Fortes, adpatación de Den starkare de August Strindberg
|
1977
|
Teatro do Ornitorrinco Canta Brecht e Weillcom dirección de Cacá Rosset e Luiz Roberto Galízia
|
1978
|
A Ópera do Malandro, de Chico Buarque de Hollanda
|
1981
|
O Percevejo. Dirección Luís Antônio Martinez Corrêa
|
1982
|
O Lírio do Inferno
|
1983
|
Mahagonny Songspiel, de Bertolt Brecht, con dirección de Cacá Rosset
|
1983
|
O Belo Indiferente, de Jean Cocteau, con dirección de Cacá Rosset
|
1985
|
O Gosto da Própria Carne
|
1986
|
Eletra Com Creta, con dirección de Gerald Thomas
|
1986
|
Katastrophé, dirección de Rubens Rusche
|
1988
|
A Vella Dama Indigna, con dirección de Cacá Rosset
|
1989
|
E Ponha o Tedio no...Ó
|
1989
|
O Doente Imaginário, de Molière, con dirección de Cacá Rosset
|
1992
|
O Amor de Don Perlimplim con Belisa en seu Xardín, de Federico García Lorca, so a súa dirección
|
1994
|
A Comedia dos Erros, de William Shakespeare, con dirección de Cacá Rosset
|
1996
|
No Alvo
|
1998
|
O Avarento, con dirección de Cacá Rosset
|
1999
|
Sabah das Bruxas
|
2002
|
Mãe Coragem e Seus Filhos, con dirección de Sérgio Ferrara
|
2003
|
Temporada de Gripe, con dirección de Felipe Hirsch
|
2005
|
O Clásico da Vangarda: documentación e historia
|
2005
|
Vigília Literaria
|
2008
|
As Tres Velhas de Alejandro Jodorowsky, so a súa dirección
|
Cinema
Ano
|
Título
|
Personaxe
|
1974
|
Amor e Medo
|
|
1978
|
O Bom Marido
|
Freguesa do camelô
|
1980
|
Maldita Coincidência
|
|
Muito Prazer
|
Nai
|
1983
|
O Rei da Vela
|
Dona Cesarina
|
Do Outro Lado da Vida
|
|
1984
|
Divina Previdência
|
|
1985
|
Non Plus Ultra
|
|
1987
|
Urubus e Papagaios
|
Dona Matilde
|
Carlota Amorosidade
|
|
1988
|
Romance
|
Amiga de Paulo César
|
1991
|
O Corpo
|
Muller do xefe da policia
|
Olímpicos
|
Xogadora de póker
|
1992
|
Perfume de Gardênia
|
|
PK Cadeia
|
Oente
|
1995
|
Disseram que voltei...Americanizada
|
|
1997
|
A Grande Noitada
|
Brunhilde
|
2000
|
Cronicamente Inviável
|
Señora do atropelamento
|
2004
|
Ato II Cena 5
|
actriz
|
2005
|
Tudo o Que é Sólido Pode Derreter
|
Dona do sebo
|
2006
|
Tapa na Pantera
|
Pantera
|
2008
|
Relicário
|
Avoa
|
2009
|
Quanto Dura o Amor?
|
Administradora
|
2010
|
Topografia de um Desnudo
|
Esmoleira</ref>
|
2011
|
César!
|
Profesora
|
2013
|
Jogo das Decapitações
|
Renata
|
2014
|
Rubras Mariposas
|
Jussara
|
2016
|
Rosinha
|
Rosinha
|
2018
|
Górgona
|
Ela mesma
|
2019
|
Vergel
|
Nai (voz)
|
Televisión
Ano
|
Título
|
Personagem
|
Nota
|
1987
|
Sassaricando
|
Lucrécia
|
|
1988
|
Bebê a Bordo
|
carcereira
|
Participación especial
|
2000
|
Brava Gente
|
Elisinha
|
|
2007
|
O Sistema
|
Leda "Rabsicocha" J.
|
|
2009
|
Tudo o que É Sólido Pode Derreter
|
Diaño
|
|
2010
|
Elvirão Ou Como Vovó Já Dizia
|
Elvirão
|
|
2016
|
Condomínio Jaqueline
|
administradora fumadora de maría
|
|
Notas