Marcos Sebastián Pérez Pena, nado en Montevideo o 11 de novembro de 1980, é un xornalista galego.
Traxectoria
Doutor en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela desde o 24 de abril de 2006 cunha tese sobre o papel desempeñado polos medios de comunicación galegos no proceso da Transición. O seu labor investigador tense centrado na comunicación política, o estudo da opinión pública e as teorías da comunicación.
Traballou en La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, GzNación, Vieiros e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Foi director de Praza Pública. Colaborou tamén con revistas como Tempos Novos, Murguía ou ECO-Revista do Eixo Atlántico.
Obras
Ensaio
Obras colectivas
Véxase tamén
Ligazóns externas