Marcial Ginzo Soto, nado en Ourense en 1885 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1974, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1915.[1] Foi director de El Radical (1910-1913) e colaborou en Ecos de Orense. Despois pasou a ser redactor de La Región, do que chegou a ser director (1915-1926). Foi presidente do Círculo Tradicionalista de Ourense en 1917 e 1918.[2] Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1926-1929) e en 1927 foi elixido representante dos concellos de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva. Volveu exercer como alcalde nun breve período en 1930. Nese momento fundou o periódico Galicia, cunha orientación calvosotelista.
Vida persoal
Casou en Ribadavia con Aurora Cendón Rey en 1916.[3]
Notas
- ↑ Diario de Galicia, 8-10-1915, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 11-2-1918, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 11-5-1916, p. 2.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas