Francisco Villanueva Lombardero, nado en Asturias cara a 1860 e finado en Ourense o 14 de novembro de 1937, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Dono da empresa Villanueva y Zarauza. Foi alcalde de Ourense de 1920 a 1922. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado alcalde de Ourense (1930). Foi fundador e presidente da Cámara de Comercio e indistria de Ourense. Finou en Ourense o 14 de novembro de 1937 con 77 anos.[1] A súa viuva creou a Fundación Villanueva Lombardero.
Vida persoal
Casou en Ourense con Dolores Rodríguez Fernández.
Notas
- ↑ La Región, 16-11-1937, p. 2.
Véxase tamén
Outros artigos