Marcelino Sánchez Iglesias, nado no Saviñao cara a 1896 e finado en Lugo o 30 de xuño de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Veciño de Muradelle (Chantada). Foi detido en 1941 acusado de atraco a man armada e asasinato do garda civil Rogelio González Coldeiro. Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 25 de xuño de 1941 na causa 422/41, xunto con Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez, Carlos Quintana Vázquez, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N., foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 30 de xuño de 1941 xunto con Carlos Quintana Vázquez, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N.[1][2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.[3]
Notas
Véxase tamén
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|