Manuel Millares Vázquez, nado en Noia o 9 de febreiro de 1906 e finado en Madrid en novembro de 1985, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Co oito anos emigrou cos seus pais a Cuba. Tivo diversos traballos ata que en 1930 apareceron as súas primeiras colaboracións en España Republicana. Foi nomeado presidente da Izquierda Republicana Española en Cuba en 1935. A mediados de 1937 foi enviado polo xornal Pueblo como correspondente a territorio republicano. Permaneceu alí varios meses, e a partir desa experiencia escribiu a novela Hombres de paz en guerra. Rematou os estudos de Ciencias Sociais e Dereito Público na Universidade da Habana en 1938. Foi columnista do periódico El Mudo e da revista Carteles e colaborou en Bohemia, Facetas de Actualidad Española, Galicia, El Periodista, Vida Universitaria, Voz de España e Loita. En 1946 renunciou ao Círculo Republicano Español onde militaba e comezou a apartarse da loita antifranquista. En 1946 escribiu o programa radial Páginas de España co poeta Ángel Lázaro. Durante a ditadura de Batista foi asesor da Junta del Instituto Nacional de Cultura. Marchou de Cuba despois do triunfo da revolución e estableceuse en Porto Rico, onde foi profesor da súa Universidade. Finou en Madrid en novembro de 1985.[1]
Obras
- Chela. Siete cuentos del Trópico, 1934.
- Cuentos de mar y tierra
- Vidas fecundas
- Hombres de paz en guerra. Memorias de un miliciano.
Recoñecementos
- Premio Justo de Lara (1949).
Notas
- ↑ El País, 25-11-1985, p. 61.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas