Manuel Lamela Lestón

Modelo:BiografíaManuel Lamela Lestón
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
O Pindo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cee
1995 – 2001 (dimisión)
← Manuel Castro CastroAntonio Domínguez García →
Alcalde de Cee
1979 – 1987
← José Sánchez GarcíaManuel Castro Castro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMargarita Lamela Louzán Editar o valor en Wikidata

Manuel Lamela Lestón, nado no Pindo (Carnota) en 1944,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Trasladouse a Cee aos 8 anos. Maquinista naval. Foi profesor de FP e director do IES Fernando Blanco de Cee. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BN-PG e Unidade Galega. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu gañar, nesta ocasión sen maioría absoluta, pero pasou á oposición dado un pacto entre CDS, AP e BNG que fixo alcalde ao centrista Manuel Castro. Trala expulsión dos edís nacionalistas do goberno en xuño de 1988, os socialistas presentaron unha moción de censura no mes de novembro[2], a cal foi votada en xaneiro de 1989. Porén, debido á abstención dos nacionalistas, non saíu adiante[3]. Nas municipais de 1991 volveu se-la candidatura máis votada, pero non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG volveu apoiar de novo o centrista Manuel Castro como alcalde. Porén, trala expulsión dos populares do goberno, en abril de 1992 estableceuse un goberno de coalición cos socialistas, sendo Lamela tenente de alcalde[4]. Nas municipais de 1995 recuperou a alcaldía grazas a un pacto de goberno con IxCee e o apoio externo do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde ó se-la forza máis votada.

Presentou a dimisión o 17 de abril de 2001 logo da presentación dunha moción de censura por parte do PPdeG e IxCEE que se votou o 11 de maio de 2001[5]. En 2007 volveu ao goberno municipal no goberno dos socialistas con IxCEE como concelleiro de Infraestruturas. Dimitiu como concelleiro en febreiro de 2011.


Predecesor:
José Sánchez García
 
Alcalde de Cee
 
1979 - 1987
Sucesor:
Manuel Castro Castro
Predecesor:
Manuel Castro Castro
 
Alcalde de Cee
 
1995 - 2001
Sucesor:
Antonio Domínguez García

Vida persoal

É pai de Margarita Lamela Louzán, alcaldesa socialista de Cee dende 2019.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 2-5-2003, p. L6
  2. La Voz de Galicia ed. A Coruña, 23-11-1988 p. 14.
  3. La Voz de Galicia ed. A Coruña, 22-1-1989 p.21.
  4. La Voz de Galicia ed. Carballo, 5-4-1992 p.40.
  5. "«Os independentes activaron a moción»". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas