Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo.
Manuel Jabois
(2011)
Biografía
Nacemento
(es) Manuel Jabois Sueiro 30 de xullo de 1978 (46 anos) Sanxenxo, España
Procedente dunha familia vinculada ao negocio hostaleiro e turístico[1], Manuel Jabois estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Comezou varias carreiras -Dereito, Filoloxía, Filosofía, Historia-[1] sen rematar ningunha,[2] polo que é un claro exemplo de autodidactismo.[3] Mais a finais de 1998, iniciou a súa relación co xornalismo, mentres estudaba Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como correspondente do Diario de Pontevedra[4] na súa localidade.
Ten colaborado cos xornais El Progreso, De luns a venres, Diario de Pontevedra (1998-2013), a revista de humor Retranca, o diario El Mundo, (2013-2015, a onde chegara da man do seu director, Pedro J. Ramírez). En xaneiro de 2015 pasou a escribir no diario El País. Tamén colaborou na cadea de radio Onda Cero (2013-2016), no magazine cultural dixital Jot Down (2011-2012), e na Cadena SER en Hoy por Hoy (con Pepa Bueno); e en televisión en LaSexta. Como xornalista autodidacta sempre sentiu profundo respecto cara á profesión e unha sa obsesión pola gramática e o bo uso do idioma.
En moitas ocasións sinaláronlle o seu parecido físico co cantautor Quique González. Nunha entrevista no número 222 de GQ, ademais de recalcar a súa total ausencia de sectarismo e de sentirse privilexiado pola positiva impresión que adoita suscitar entre o público e os seus lectores, recoñeceu, orgulloso do seu pelo, tomar Propecia de maneira preventiva para tentar evitar unha temperá alopecia e mostrouse totalmente sen prexuízos e sen tabús en calquera ámbito, incluído o sexual, afirmando que lle gusta experimentar.
Afirmou nun dos seus artigos que "Un mundo sen Deus sería un mundo obxectivamente mellor. Sería, para empezar, un mundo sen coartadas. Tanto para facer o mal como para facer o ben".[13] Mostrouse partidario do aborto e defendeu a Rita Maestre preguntándose que facía Deus (tendo unha capela) na Universidade considerando que a condena social por parte dalgúns sectores conservadores cara a Maestre debeuse non á súa actuación na devandita capela, senón a ser a portavoz no Concello de Madrid sendo, por tanto, un intento dos sectores dereitistas de desgastar o goberno municipal liderado por Manuela Carmena.[14]
En Zenda falou do seu nexo coa Xeración perdida, das súas orixes e, respecto das súas posicións políticas mostrou o seu ideario progresista manifestando ter absoluta liberdade sempre para defender as súas ideas:
"Levo moitísimos anos escribindo en prensa. Nas miñas columnas pódese ver cales son as ideas que defendo: unha educación pública e universal, máis impostos para manter unha sanidade gratuíta, Creo no Estado como corrector de desigualdades. A favor do aborto, da eutanasia e do matrimonio homosexual. Dun Estado laico radical, non o enredo que existe agora. Todo está escrito, e fíxeno sen pedir o voto a ninguén e sen aliñarme publicamente con ningún partido. Non estou en manifestos, plataformas sociais nin políticas, nin reclamei votos nin vetos. E cando tiven que criticar a alguén que defende cousas parecidas ás que creo, fíxeno"[1]
É tamén coñecido por ser o autor da letra da canción que o Real Madrid lanzou en maio de 2014 para conmemorar a obtención da Décima Copa de Europa[15]. O 21 de outubro de 2016 Íñigo F. Lomana escribiu un artigo no que criticaba a articulistas como Manuel Jabois, Arturo Pérez Reverte, Antonio Lucas ou Juan Tallón por practicaren o estilo cipotudo, "que vive dacabalo entre a taberna e a biblioteca e desenvolveu un mecanismo expresivo que combina virís coloquialismos cunha pirotecnia lírica" etiquetándoos como "neocolumnismo de extremo centro"[16]. Anos atrás xa fora sinalada esa equidistancia, froito do seu carácter independente, por autores como Ernesto Castro, quen, aludindo ao “carácter anfibio de Jabois" reflectía "esa capacidade de cultivar seguidores tanto en FAES como en Lavapiés, [que] pode ilustrarse mencionando simplemente quen edita os seus textos”.[17]
Hay más cuernos en un buenas noches (2022). Pepitas de Calabaza. 416 páxs. ISBN 9788418998089. Textos breves publicados despois de Irse a Madrid (2011).[24]