Emmanuel "Manny" Dapidran Pacquiao, nado en Kibawe, Bukidnon o 17 de decembro de 1978, é un boxeador filipino campión do mundo, que tamén é actor e cantante,[1] e que dende xuño de 2016 é senador de Filipinas.
Está considerado como un dos mellores púxiles da actualidade segundo a revista The Ring,[2] así como un dos mellores da historia. En palabras do promotor de boxeo Bob Arum: " Pacquiao é o mellor boxeador que xamais se viu, incluíndo Ali”.
Nomeado "Boxeador da Década" polo CMB, é o único púxil que logrou oito títulos mundiais en oito categorías diferentes: Peso mosca, peso supergalo, peso pluma, peso superpluma, peso lixeiro, peso superlixeiro, peso welter e superwelter.
Alén do boxeo, Pacquiao participou no baloncesto, nos negocios, como presentador de televisión, actor, produtor musical e político. En maio de 2010, Pacquiao foi elixido na Casa de Representantes do 15º Congreso de Filipinas, representando a provincia de Sarangani. Foi reelixido en 2013 para o 16º Congreso de Filipinas.[3] En xuño de 2016, Pacquiao foi elixido como senador e servirá durante seis anos, até o ano 2022.[4]
En setembro de 2021, Manny Pacquiao anunciou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2022.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas