Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc.
O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.
Nalgunhas manifestacións prodúcense disturbios e violencia contra obxectos (como os coches), establecementos, peóns ou a policía.
Xeralmente, outros mecanismos de protesta como as folgas (especialmente as folgas xerais) van acompañados de manifestacións.
Lista de manifestacións relevantes
Ademais, todos os 1 de maio, día do traballador, hai manifestacións sindicais en todo o mundo.
Reconto de manifestantes
Actualmente, hai dúas formas de contar o número de persoas que asisten unha manifestación:
- Contar o número de individuos que pasan por un punto determinado nun minuto e multiplicar a cifra polos minutos que dura a manifestación.
- Multiplicar os metros cadrados que ocupa a marcha por un número determinado de manifestantes. Na zona central este número adoita ser 1,5. Se se dispón de fotografías de alta resolución desde o aire esta técnica é máis precisa pois se pode determinar mellor a aglomeración.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Poderes | |
---|
Formas de goberno | |
---|
Réximes e sistemas | |
---|
Tipos de poder | |
---|
Clases de estado | |
---|
Conceptos | |
---|
Procesos | |
---|
Divisións administrativas | |
---|
Cargos | |
---|
Disciplinas | |
---|
Ideoloxías | |
---|
Actitudes | |
---|