Maldición do faraón

Sarcófago de Tutankhamon

A maldición do faraón é a crenza de que sobre calquera persoa que moleste á momia dun faraón do Antigo Exipto cae unha maldición pola que morrerá en pouco tempo. Existía a crenza de que as tumbas dos faraóns tiñan maldicións escritas nelas ou aos seus arredores, advertindo a quen as lesen para que non entrasen. A maldición asociada ao descubrimento da tumba do faraón da XVIII dinastía Tutankhamon é a máis famosa na cultura occidental. Moitos autores negan que houbese unha maldición escrita, pero outros aseguran que Howard Carter atopou na antecámara un ostracon de arxila cuxa inscrición dicía: «A morte golpeará coa súa forcada a aquel que turbe o repouso do faraón.»[1]

A maldición de Tutankhamon

A principios do século XX a maior parte da historia do antigo Exipto era descoñecida para a maioría da poboación. Pouco se sabía daquela época, e menos aínda da maior parte dos faraóns exipcios.

Aínda que se asocien as Pirámides de Exipto cos enterramentos dos faraóns, o certo é que só se usaron no Antigo Exipto entre as dinastías III (2650 adC) e XIII (1750 adC), pero xa na dinastía XVIII (1300 adC) preferíase escavar grandes tumbas con varias salas no interior das montañas. Estas salas decorábanse e enchíanse de tesouros e nelas enterrábanse aos faraóns.

A tumba de Tutankhamon da dinastía XVIII permaneceu oculta durante máis de tres mil anos. Existen evidencias de que foi saqueada e logo restaurada nos meses posteriores ao seu enterramento, pero o cambio de dinastía, e a terra desprazada dos rebos doutras tumbas próximas provocou que un século despois do enterramento de Tutankhamon, o lugar da súa tumba ou ata a mesma existencia do faraón foran esquecidos. Os ladróns de tumbas das dinastía XIX e XX ata chegaron a construír algunhas cabanas encima da tumba sen sospeitar da súa existencia.

Descubrimento da tumba

Howard Carter descubridor da tumba de Tutankhamon

No século XX, na década dos anos 20, o exiptólogo Howard Carter descubriu a existencia dun faraón da XVIII dinastía ata entón descoñecido, e convenceu a Lord Carnarvon para que financiase a procura da tumba que se supuña intacta no Val dos Reis. O 4 de novembro de 1922 descubríronse os chanzos cara a unha porta que mantiña aínda os selos orixinais. O 26 de novembro, en presenza da familia de Lord Carnarvon, fíxose o famoso buraco na parte superior da porta polo que Carter meteu unha candea e viu segundo as súas palabras "cousas marabillosas". A tumba, logo catalogada como KV62, resultou ser a do faraón Tutankhamon e é a mellor conservada de todas as tumbas faraónicas. Permaneceu practicamente intacta ata os nosos días ata o punto que cando Carter entrou por primeira vez na tumba, ata puido fotografar unhas flores secas de dous mil anos atrás que se desintegraron deseguido. Logo de catalogar todos os tesouros das cámaras anteriores, Carter chegou á cámara real onde descansaba o sarcófago do faraón desde había tres mil anos. E entón empezaron a morrer persoas que visitaran a tumba.

Primeiras mortes

En marzo de 1923, catro meses logo de abrir a tumba, Lord Carnarvon foi picado por un mosquito e pouco despois cortouse a picadura mentres se afeitaba. Nuns días enfermaba gravemente e foi trasladado a O Cairo. Aínda que os médicos puideron deterlle a infección que empezara a estenderse polo corpo, unha pneumonía atacou mortalmente a Lord Carvanon, que morreu a noite do 4 de abril. Cóntase que á mesma hora da morte o can de Lord Carvanon ladrou e caeu fulminado en Londres. Ademais, cando a familia recibiu a noticia da morte en O Cairo, un fallo de electricidade deixou ás escuras a cidade.

Pouco máis necesitou a prensa inglesa para airear as lendas da maldición dos faraóns. Ata algúns afirmaron que nun muro das antecámaras estaba escrito: "a morte virá sobre ás lixeiras ao que estorbe a paz do faraón", aínda que en realidade esta frase nunca aparecese nas detalladas notas de Carter e o muro foi derrubado para entrar na tumba. Sir Arthur Conan Doyle declarouse crente na maldición, a escritora Marie Corelli afirmou ter un manuscrito árabe que falaba da maldición e o arqueólogo Arthur Wiegall publicou oportunamente un libro sobre a maldición dos faraóns.

Á morte de Lord Carnarvon seguiron varias máis. O seu irmán Audrey Herbert, que estivo presente na apertura da cámara real, morreu inexplicablemente en canto volveu a Londres. Arthur Mace, o home que deu o último golpe ao muro, para entrar na cámara real, morreu no Cairo pouco despois, sen ningunha explicación médica. Sir Douglas Reid, que radiografió a momia de Tutankhamon, enfermou e volveu a Suíza onde morreu dous meses despois. A secretaria de Carter morreu dun ataque ao corazón, e o seu pai suicidouse ao decatarse da noticia. E un profesor canadense que estudou a tumba con Carter morreu dun ataque cerebral ao volver ao Cairo.

Ao proceder á autopsia da momia atopouse que xusto onde o mosquito picara de Lord Carnarvon, Tutankhamon tiña unha ferida. Este feito disparou aínda máis a imaxinación dos xornalistas, que ata deron por mortos aos participantes na autopsia. En realidade, excepto o radiólogo, os demais membros do equipo viviron durante anos sen problemas, incluído o médico principal. O mesmo descubridor da tumba, Howard Carter, morreu por causas naturais moitos anos despois.

A principio da década dos 30, os xornais atribuían ata trinta mortes á maldición do faraón. Aínda que moitas delas eran esaxeracións, a casualidade parecía insuficiente para explicar as demais. A falta de máis escándalos e mortes estrañas disipou aos poucos o interese dos xornalistas os seguintes trinta anos.

A maldición reaparece

Howard Carter ante o sarcófago.

Nas décadas dos 60 e 70 as pezas do Museo Exipcio do Cairo trasladáronse a varias exposicións temporais organizadas en museos europeos. Os directores do museo de entón morreron pouco logo de aprobar os traslados, e os xornais ingleses tamén estenderon a maldición sobre algúns accidentes menores que sufriron os tripulantes do avión que levou as pezas a Londres.

A última vítima atribuída á maldición foi Ian McShane: durante a gravación da película nos anos oitenta sobre a maldición, o seu coche saíuse da estrada e rompeu gravemente unha das pernas.

Explicacións da maldición

A explicación máis común á maldición dos faraóns é que foi unha creación da prensa sensacionalista da época. Un estudo mostrou que das 58 persoas que estiveron presentes cando a tumba e o sarcófago de Tutankhamon foron abertos, só oito morreron nos seguintes doce anos. Todos os demais viviron máis tempo, incluíndo ao propio Howard Carter, que morreu á idade de 64 anos, en 1939. O médico que fixo a autopsia á momia de Tutankhamon viviu ata os 75 anos.[2] Algúns especularon con que un fungo mortal podería crecer nas tumbas pechadas e ser liberado cando se abriron ao aire. Arthur Conan Doyle, autor das novelas detectivescas de Sherlock Holmes, fomentou esta idea e especulou con que o mofo tóxico fora posto deliberadamente nas tumbas para castigar aos ladróns de tumbas.

Aínda que non hai probas de que tales patóxenos fosen responsables da morte de Lord Carnarvon, tampouco hai dúbida de que substancias perigosas poden acumularse en tumbas antigas. Estudos recentes de antigas tumbas exipcias abertas na actualidade que non estiveron expostas aos contaminantes modernos acharon bacterias patóxenas dos xéneros Staphylococcus e Pseudomonas, así como os mofos Aspergillus niger e Aspergillus flavus. Ademais, as tumbas recentemente abertas convértense a miúdo en refuxio para os morcegos, cuxo guano pode transmitir a histoplasmose. Con todo, ás concentracións achadas tipicamente, estes patógenos só adoitan ser perigosos para persoas con sistemas inmunolóxicos debilitados. As mostras de aire tomadas do interior dun sarcófago selado mediante un buraco perforado para o efecto contiñan niveis altos de amoníaco, formaldehido e ácido sulfhídrico, que aínda que son gases tóxicos tamén resultan fáciles de detectar en concentracións perigosas polo seu forte cheiro.[3].

Notas

  1. Reverte Coma, J. M. Museo de Antropoloxía Médico-Forense Paleopatoloxía e Criminalística, ed. "EL ENIGMA DE LA MALDICION DE LOS FARAONES" (en (en castelán)). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2009. Consultado o 11 de maio de 2009. 
  2. Vernon, David (1989). Donald Laycock, ed. Skeptical, a handbook on pseudoscience and the paranormal. Imagecraft. p. 25. ISBN 0-7316-5794-2. 
  3. Handwerk, Brian (2005). "Egypt's "King Tut Curse" Caused by Tomb Toxins?". National Geographic News (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2007. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Temora AirportIATA: TEMICAO: YTEMInformasiJenisPublikPengelolaTemora Shire CouncilLokasiTemora, New South WalesKetinggian dpl mdplKoordinat34°25′18″S 147°30′42″E / 34.42167°S 147.51167°E / -34.42167; 147.51167Koordinat: 34°25′18″S 147°30′42″E / 34.42167°S 147.51167°E / -34.42167; 147.51167PetaYTEMLokasi di New South WalesLandasan pacu Arah Panjang Permukaan m kaki 05/23 2,040 7 Aspal 18/36 1,468 5 Aspal 09/27 84...

 

La CourneuveNegaraPrancisArondisemenSaint-DenisKantonLa CourneuveAntarkomuneCommunautéd'agglomérationPlaine CommuneKode INSEE/pos93027 /  La Courneuve merupakan sebuah komune di pinggiran timurlaut Paris, Prancis. Terletak 8.3 km (5.2 mil) dari pusat kota Paris. Dikenal untuk banyaknya bangunan perumahan tinggi, dihuni oleh imigran dan keturunannya. Sejarah Sejarah La Courneuve dimulai dengan penyerangan suku Eropa dan penaklukan wilayah oleh Romawi. Selama Era Pertengahan, wilaya...

 

Centre-left political party in Germany This article is about the political party in Germany. For the party in Poland, see German Social Democratic Party (Poland). SPD redirects here. For the Czech party, see Freedom and Direct Democracy. For other uses, see SPD (disambiguation). Social Democratic Party of Germany Sozialdemokratische Partei DeutschlandsAbbreviationSPDGeneral SecretaryKevin KühnertCo-leaders Saskia Esken Lars Klingbeil Deputy Leaders See list Klara GeywitzHubertus HeilThomas K...

La palazzina della Secessione, a Vienna Nella storia dell'arte viene definita secessione una proposizione culturale che si manifestò verso la fine del XIX secolo in diverse città europee, soprattutto tedesche e austriache, che coincise con il distacco di alcuni giovani dalle istituzioni ufficiali dell'arte, dalle accademie e dai loro circuiti espositivi, come segno di protesta nei confronti dell'eccessivo conservatorismo del loro tempo.[1] Indice 1 Storia 1.1 La terminologia 1.2 Var...

 

Philipp Lahm Lahm bersama Bayern Munich tahun 2017Informasi pribadiNama lengkap Philipp LahmTanggal lahir 11 November 1983 (umur 40)Tempat lahir München, Jerman BaratTinggi 170 cm (5 ft 7 in)[1]Posisi bermain Bek penuh,Gelandang bertahanNomor 21Karier junior1989–1995 FT Gern München1995–2001 Bayern MunichKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2001–2003 Bayern Munich II 63 (3)2002–2017 Bayern Munich 332 (12)2003–2005 → VfB Stuttgart (pinjaman) 53 (2)Tota...

 

Questa voce sull'argomento calciatori finlandesi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Kasper Hämäläinen Hämäläinen con la maglia del Lech Poznań Nazionalità  Finlandia Altezza 187 cm Peso 74 kg Calcio Ruolo Centrocampista Squadra  TPS Carriera Giovanili  TPS Squadre di club1 2003-2009 TPS96 (9)2010-2012 Djurgården90 (8)2013-2016 Lech Poznań101 (33)2016...

Taman Doa Our Lady of AkitaKapel dan Taman Doa Our Lady of Akita, Pantai Indah Kapuk 2LokasiKompleks Pantai Indah Kapuk 2Kosambi, Tangerang, BantenNegaraIndonesiaDenominasiGereja Katolik RomaSejarahDedikasiBunda dari AkitaArsitekturStatusKapel, taman doaStatus fungsionalAktifTipe arsitekturGerejaPeletakan batu pertama25 Agustus 2023[1]AdministrasiKeuskupan AgungJakarta Taman Doa Our Lady of Akita adalah sebuah kompleks peribadatan Katolik yang terletak di kawasan Pantai Indah Kapuk 2,...

 

Community college in Grayson County, Texas, U.S. For the similarly named defunct college in Whitewright, see Grayson College (1887–1912). Grayson CollegeThe Administration Building at the main campus in DenisonFormer namesGrayson County College (1965–2012) [1]TypePublic community collegeEstablished1965[2]PresidentJ. P. McMillenAdministrative staff270[3][4]Students5,000+[5]LocationDenison, Texas, United States33°42′22″N 96°38′04″W /...

 

English reflecting telescope, built 1785–1789 For the telescope at Green Bank Observatory, see 40-foot radio telescope. 40-foot telescopeAlternative namesGreat Forty-Foot telescope Location(s)Slough, Borough of Slough, Berkshire, South East England, EnglandCoordinates51°30′30″N 0°35′43″W / 51.5082°N 0.5954°W / 51.5082; -0.5954 Built1785–1789 (1785–1789) First light19 February 1787 Decommissioned1840 Telescope stylealtazim...

Filipino smoked pork sausage Chorizo negrenseAlternative namesBacolod longganisa, Chorizo de Bacolod, Bacolod chorizo, Negrense chorizoCourseSausagePlace of originPhilippinesRegion or stateBacolod, NegrosMain ingredientspork Chorizo negrense, also known as chorizo de Bacólod, is a Filipino smoked pork sausage originating from Bacolod, Negros. It comes in two flavors: hamonado (sweet) and recado (garlicky). It can be prepared smoked in a casing (known as tsorisong bilog), or prepared fresh wi...

 

Yemeni politician and diplomat Khaled Mahfoudh Bahahخالد محفوظ بحاحBahah in 20162nd Vice President of YemenIn office13 April 2015 – 3 April 2016*PresidentAbdrabbuh Mansur HadiPreceded byAbdrabbuh Mansur Hadi (2012)Succeeded byAli Mohsen al-Ahmar8th Prime Minister of YemenIn office9 November 2014 – 3 April 2016PresidentAbdrabbuh Mansur HadiDeputyAhmed Obeid bin DaghrAbdulmalik Al-MekhlafiMohamed Abdelaziz al-JabariHussein ArabPreceded byAbdullah Mohsen al-Akw...

 

2014 edition of the women's FIBA Basketball World Cup For the men's tournament, see 2014 FIBA Basketball World Cup. 2014 FIBA World Championship for Women2014 FIBA Dünya Kadınlar ŞampiyonasıTournament detailsHost countryTurkeyCityAnkara IstanbulDates27 September – 5 OctoberTeams16Venue(s)3 (in 2 host cities)Final positionsChampions United States (9th title)Runners-up SpainThird place AustraliaFourth place TurkeyTournament statisticsMVP Maya Moore[1]Top s...

莎拉·阿什頓-西里洛2023年8月,阿什頓-西里洛穿著軍服出生 (1977-07-09) 1977年7月9日(46歲) 美國佛羅里達州国籍 美國别名莎拉·阿什頓(Sarah Ashton)莎拉·西里洛(Sarah Cirillo)金髮女郎(Blonde)职业記者、活動家、政治活動家和候選人、軍醫活跃时期2020年—雇主內華達州共和黨候選人(2020年)《Political.tips》(2020年—)《LGBTQ國度》(2022年3月—2022年10月)烏克蘭媒�...

 

Artikel ini bukan mengenai Nusantara (saluran TV) atau ntv7. Nusantara TVJenisJaringan televisiSloganSahabat KitaNegaraIndonesiaBahasaBahasa IndonesiaPendiriNurdin TampubolonTanggal siaran perdana10 November 2015Kantor pusatGedung NT Tower Jl. Pulomas Selatan Kav. Blok No.20, RT.7/RW.7, Kayu Putih, Kec. Pulo Gadung, Kota Jakarta Timur, Daerah Khusus Ibukota Jakarta 13210Wilayah siaranNasionalPemilikNT CorpAnggota jaringanlihat #Jaringan siaranTokoh kunciRandy Monthonaro Tampubolon (Direktur U...

 

Francisco José I de Austria Emperador de Austria y rey de Hungría, Bohemia, Croacia, Eslavonia, Dalmacia, Galitzia, Lodomeria e Iliria Fotografiado con uniforme de húsar, c. 1905.Emperador de AustriaRey de Bohemia, Dalmacia, Galitzia, Lodomeria e IliriaRey de Hungría, Croacia y Eslavonia 2 de diciembre de 1848-21 de noviembre de 1916 (67 años y 355 días)Predecesor Fernando I de Austria y V de HungríaSucesor Carlos I de Austria y IV de Hungría Otros títulos Rey de Lombardía...

تسرد هذه القائمة الممتلكات الثقافية ذات الأهمية الوطنية في الإمارات العربية المتحدة. أبوظبي المنطقة الوسطى #. الاسم النوع الموقع الوصف الإحداثيات صورة AD-1 حصن المقطع أبو ظبي 24°25′16″N 54°29′19″E / 24.421148°N 54.488491°E / 24.421148; 54.488491 (AD-1) AD-2 برج المقطع أبو ظبي 24°25′12″N 54°...

 

Polish nobleman, statesman, diplomat and author (1770-1861) PrinceAdam Jerzy CzartoryskiCzartoryski photographed by Nadar, 1861Foreign Minister of the Russian EmpireIn office1804–1806MonarchAlexander I of RussiaPreceded byAlexander VorontsovSucceeded byAndrei BudbergChairman of the Council of Ministers of the Russian Empire (de facto)In office1804–1806MonarchAlexander I of RussiaPreceded byAlexander VorontsovSucceeded byAndrei Budberg1st President of the Polish National GovernmentIn offic...

 

Ethnic group This article possibly contains original research. Please improve it by verifying the claims made and adding inline citations. Statements consisting only of original research should be removed. (October 2022) (Learn how and when to remove this message) Ethnic group Indian IndonesiansIndian-Indonesian community in Sri Mariamman Temple, Medan, North Sumatra, Indonesia.Total populationOfficial: 120,000 (2010)[A]Regions with significant populationsMajority in Medan and Deli Se...

Legionnaires' diseaseChest X-ray of a severe case of legionellosis upon admission to the emergency department.Informasi umumNama lainLegionellosis,[1] legion feverSpesialisasiInfectious disease, pulmonologyPenyebabBacteria of the Legionella type (spread by contaminated mist)[2][3]Faktor risikoOlder age, history of smoking, chronic lung disease, poor immune function[4]Aspek klinisGejala dan tandaCough, shortness of breath, fever, muscle pains, headaches[5 ...

 

صالون هدى النوع فيلم دراما[1]  إخراج هاني أبو أسعد  بطولة علي سليمان،  وميساء عبد الهادي،  وكامل الباشا  البلد دولة فلسطين مصر هولندا قطر  لغة العمل العربية  IMDb.com صفحة البرنامج  السينما.كوم 2064893  تعديل مصدري - تعديل   صالون هدى هو فيلم إثارة أُنتج ...