Maggie MacDonnell, nada no ano 1980 en Nova Escocia,[1] é unha educadora e profesora canadense gañadora do Premio Global ao Ensino de 2017.[2][3][4] O premio foi entregado polo primeiro ministro e vicepresidente dos Emiratos Árabes Unidos, así como gobernador do Emirato de Dubai, o Xeque Mohamed bin Rashid Al Maktum. Maggie dá clases na vila quebequesa de Salluit, onde as temperaturas adoitan oscilar entre os -13 °C e os -25°C no inverno.[5][6]
Traxectoria
Nada e criada en Nova Escocia, no leste do Canadá, formouse e fixo estudos de máster nunha universidade do seu país. Traballou na África subsahariana en programas de rehabilitación de refuxiados e de prevención do VIH. Posteriormente viaxou a Salluit, unha pequena vila inuit onde dá clases no ensino secundario a mozos e, especialmente, a mozas entre 13 e 18 anos.[7] Antes de comezar a traballar nesta vila illada, a zona sufría fortes desigualdades sociais. MacDonnell conseguiu mellorar a vida dos seus estudantes, que en moitos casos presentaban cadros de depresión, alcoholismo e drogadicción.[8][9] Levou a cabo programas para mozas en idade escolar que dispararon a matriculación de rapazas inuit nun 500% nas escolas.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas