Roubáronllo á súa nai tres días despois de nacer e estivo secuestrado no Annwn ou Annwyn, o Alén dos galeses, ata que o liberou Kulhwch e o rei Artur. O sitio onde o mantiveron prisioneiro chámase Caer Loyw, descrito como unha illa preto da costa (Kei e Bedwyr chegan a ela sobre o «lombo» dun salmón). Este Caer Loyw é probabelmente Gloucester. Presentado como un «home primordial», é un mediador entre os deuses e os homes. A súa estancia no Annwvyn confírelle a xuventude perpetua.
Logo axuda a Kulhwch na súa procura de Olwen, na caza do xabarín Twrch Trwyth: considerado o mellor cazador do mundo, só el pode recuperar a cadea do can Kilydd Canhastyr. Despois debe cabalgar a montura de Gweddw, o «Branco de crinas sombrías» e roubar a navalla do xabarín.
Pierre-Yves Lambert: Les Quatre Branches du Mabinogi, conto Kulhwch et Olwen, Gallimard, coll. «L’aube des peuples», París, 1993, (ISBN 2-07-073201-0).