O planeta ananoHaumea ten dúas lúas, Hiʻiaka e Namaka, nomeadas cos nomes das fillas da deidade hawaiana "Haumea". Estas pequenas lúas foron descubertas no 2005, a partir de observacións de Haumea feitas cos telescopios de alcance longo do observatorio Keck en Hawai.
As lúas de Haumea son raras en moitos sentidos. Pénsase que son parte dunha extensa familia de colisión, a cal se formou hai miles de millóns de anos dos restos de xeos que quedaron espallados despois dunha colisión que destruíu parcialmente o mantoxeado da Haumea primixenia. Hiʻiaka, a máis grande e exterior, ten grandes cantidade de xeo puro de auga na súa superficie, característica moi rara entre os obxectos do cinto de Kuiper.[1] Namaka, con só unha décima parte da masa de Hiʻiaka, ten unha sorprendente dinámica: a súa pouco común excentricidade asemella estar moi influenciada polo satélite de máis tamaño.
Descubrimento e nomeamento
Os dous satélites foron descubertos ó redor de Haumea (o cal por aqueles días era designado 2003 EL61) a partir de observacións feitas no Observatorio Keck polo equipo do Caltech no 2005.
O máis exterior e grande dos dous satélites foi descuberto o 26 de xaneiro de 2005,[2] e formalmente designado S/2005 (2003 EL61) 1, e co alcume de Rudolph polo equipo do Caltech.[3] O máis pequeno e interior dos satélites de Haumea foi descuberto o 30 de xuño de 2005, formalmente designado coma S/2005 (2003 EL61) 2, e alcumado "Blitzen".[4] O 7 de setembro de 2006, ambos satélites foron numerados e admitidos no catálogo de planetas menores coma (136108) 2003 EL61 I e II, respectivamente.
Os nomes finais das lúas foron anunciados, xunto co nome que se lle outorgaría ó obxecto 2003 EL61, pola Unión Astronómica Internacional o 17 de setembro de 2008: (136108) Haumea I Hiʻiaka e (136108) Haumea II Namaka.[5] cada unha das lúas foi nomeada cun dos nomes das fillas da deusa hawaiana Haumea, deusa da fertilidade. Hiʻiaka é a deusa da danza e patroa da illa de Hawai, onde está o observatorio de Mauna Kea.[6] Namaka é a deusa da auga e o mar; ela arrefría a lava da súa irmá Pele así vaise metendo no mar, converténdoa en nova terra.[7]
Na súa lenda, do corpo de Haumea nacen moitos fillos de diferentes partes do seu corpo.[7] O planeta anano Haumea semella ser enteiramente rochoso, con só un manto superficial de xeo, pénsase que a meirande parte do manto de xeo orixinal foi expulsado da Haumea primixenia tralo impacto que levaría a Haumea á súa actual rápida velocidade de rotación, e o material espallado pola colisión formou os obxectos da familia colisional de Haumea.
Podería haber outras lúas máis arredadas de Haumea que Hiʻiaka e máis pequenas que Namaka, pero aínda non foron detectadas. Por outra banda, observacións do Telescopio Espacial Hubble confirmaron que non hai lúas que sobrepasen en brillo o 0,25% do brillo de Haumea dentro da décima parte do radio da esfera de Hill (esfera da influencia gravitacional dun corpo, neste caso de Haumea) máis pechada ó planeta (0.1% do volume), onde unha desta lúas podería ser atrapada pola influencia gravitacional de Haumea .[8] Isto fai que posiblemente non existan máis lúas en Haumea.
Propiedades das superficies
Hiʻiaka é a máis exterior e anda preto dos 300 kms de diámetro, a máis grande e brillantes das dúas lúas de Haumea.[9] Foi observada unha forte liña de absorción a 1,5 e 2 micrómetros no seu espectro infravermello correspondente co xeo puro cristalino de auga, que cobre case toda a súa superficie.[1][10] O seu infrecuente espectro, e as súas semellantes liñas de absorción cás de Haumea, levou a Brown e ós seus colegas á conclusión de que estas lúas non foron capturas de obxectos do cinto de Kuiper atraídos pola gravidade de Haumea, senón que as lúas eran fragmentos da propia Haumea.[11]
Os tamaños de ambas as dúas lúas foron calculados coa suposición de que teñen o mesmo albedo infravermello que Haumea, o cal é moi razoable xa que amosan un espectro moi semellante, o cal indica unha composición semellante das súas superficies. O albedo do planeta anano foi medido polo Telescopio Espacial Spitzer: dende os telescopios terrestres, as lúas son demasiado pequenas e están moi próximas a Haumea para velas de xeito independente.[10] Baseándose neste común albedo, a lúa máis interior, Namaka, debería ter unha décima parte da masa de Hiʻiaka, e ter aproximadamente uns 170 kms de diámetro.[12]
O Telescopio Espacial Hubble (HST) ten a resolución angular adecuada para separar a luz das lúas da luz de Haumea. A fotometría do sistema triplo de Haumea feita co cámara NICMOS do Hubble confirmou a liña espectral a 1,6 micrómetros de xeo de auga tan forte na lúas como é no espectro da propia Haumea.[10]
As lúas de Haumea son demasiado febles para seren detectadas con telescopios de menos de dous metros de apertura, pénsase que Haumea ten por si mesma unha magnitude visual de 17.5, converténdose así no terceiro obxecto máis brillante do cinto de Kuiper, mesmo por detrás de Plutón e Makemake, e facilmente observable cun telescopio afeccionado de bo tamaño.
Características orbitais
Hiʻiaka orbita Haumea de xeito case circular cada 49 días.[9] Namaka orbita Haumea en 18 días de xeito moi elíptico, nunha órbita non "Kepleriana", e estaba no 2008, 13° inclinada respecto de Hiʻiaka, a cal perturba a súa órbita.[4] Dende que ocorreu o impacto que creou as dúas lúas de Haumea, pénsase que este impacto tivo a súa orixe nos primeiros tempos do Sistema Solar,[13] a través dos millóns de anos a forza das mareas gravitatorias debería ter convertido a súa orbita elíptica en algo máis circular. Actualmente suxírese que a órbita de Namaka está distorsionada pola resonancias orbitais coa moito máis masiva Hiʻiaka, facendo así que as dúas lúas migren cara a fóra de Haumea debido ó efecto de disipación das mareas gravitatorias.[4] As lúas pode que escapasen e fosen capturadas a unha resonancia orbital en varias ocasións; actualmente están moi preto dunha resonancia de 8:3 .[4] Esta resonancia perturba moito a órbita de Namaka, a cal ten actualmente unha precisión do ~20°.[4]
O hoxe en día, as órbitas das lúas de Haumea aparecen practicamente de canto vistas dende a Terra, con ocultacións de Namaka sobre Haumea.[14][15] A observación de ambos tránsitos podería dar información precisa do tamaño e forma de Haumea e as súas lúas, como o ocorrido con Plutón e Caronte ó final da década dos 80.[16] Os pequenos cambios de brillo do sistema durante estas ocultacións precisan coma mínimo dun telescopio óptico de apertura media para a detección destes cambios.[17] A última ocultación de Hiʻiaka sobre Haumea foi no 1999, uns poucos anos antes do seu descubrimento, e isto non volverá a acontecer nos próximos 130 anos.[18] Por sorte, a situación única que se dá con Namaka entre os satélites regulares, a gran perturbación da súa órbita debida á interacción con Hiʻiaka, preservará o ángulo de visión dos tránsitos de Namaka–Haumea por moitos anos.[4][17]
↑
Michael E. Brown, Kristina M. Barkume; Darin Ragozzine; Emily L. Schaller (19-01-2007). "A collisional family of icy objects in the Kuiper belt". Nature446 (7133): 294–296. doi:10.1038/nature05619.
↑International Astronomical Union, ed. (17-09-2008). "IAU Circular 8949". Arquivado dende o orixinal o 11-01-2009. Consultado o 06-12-2008.
↑ 17,017,1
D. C. Fabrycky, M. J. Holman, D. Ragozzine, M. E. Brown, T. A. Lister, D. M. Terndrup, J. Djordjevic, E. F. Young, L. A. Young, R. R. Howell. AAS DPS conference 2008, ed. "Mutual Events of 2003 EL61 and its Inner Satellite". Arquivado dende o orixinal o 09-01-2009. Consultado o 17-10-2008.