Hiʻiaka foi o primeiro dos satélites descubertos ó redor de Haumea. O chamada coma unha das fillas de Haumea, Hiʻiaka, filla da que é deusa da fertilidade e patroa da Illa de Hawaii, a lúa recibiu ó principio o alcume de "Rudolph" por parte do equipo do descubrimento. Orbita ó seu planeta cada 49,12 ± 0,03 días a unha distancia de 49.880 ± 198 km, cunha excentricidade de 0,0513 ± 0,0078 e unha inclinación de 126,356 ± 0,064°. Eventos esperados para xullo do 2009 poderían aclarar e achegar datos máis precisos sobre ás órbitas e masas dos obxectos que compoñen o sistema de Haumea[1].
Tamaño e albedos
O albedo medido é de 5,9 ± 0,5 % que trasladado a diámetro, da coma resultado un 22 % do diámetro do seu planeta, o que vén sendo arredor 350 km, asumindo có albedo é semellante ó de Haumea. Para poñelo en perspectiva, esta lúa podería podería se-lo quinto asteroide (sen conta-los trans-neptunianos) en tamaño, despois de 1 Ceres, 2 Pallas, 4 Vesta, e 10 Hygiea, se estivese situado no cinto de asteroides, entrando así na lista de asteroides notables do Sistema Solar.
Masa
A masa de Hiʻiaka foi estimada en 1,79 ± 0,11 x 1019kg[1] usando a astrometría dos telescopios Hubble e Keck e colocando 3 corpos celestes para o modelo de centro de masas do sistema de Haumea.
Notas
↑ 1,01,11,21,3
D. Ragozzine, M. E. BrownOrbits And Masses Of The Satellites Of The Dwarf Planet Haumea = 2003 EL61, To appear in The Astronomical Journal (2009) Preprint on arXiv