Límicos

Localización aproximada da pobo dos Límicos na provincia romana da Gallaecia.

Os límicos[1] (latín: Limici) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico bracarense, que se situaban na actual comarca da Limia, na provincia de Ourense.

Fontes

Os límicos son citados en Plinio, Naturalis Historia[2], que os menciona entre os equesios e os quarquernos. Tolomeo, Geographia, 6, 38 e 43[3], noméaos entre os calaicos brácaros, citándoos entre os bibalos e os grovios, e indica como capital súa o Forum Limicorum. Así mesmo os límicos están entre os grupos dedicantes indicados no Padrón dos Pobos (CIL, II, 2477).

Son numerosas as epígrafes nos que se citan individuos límicos.

En dúas lápidas honoríficas, conservadas no Museo Arqueolóxico de Ourense, datábeis no inicio do século II d. C., cítase a Civitas Limicorum (CIL, II, 2516 e 2517). Esta mesma civitas vén sendo identificada coa Lemica Civitate do Cronicón de Hidacio.

Localización xeográfica

Aínda que polo seu nome os límicos foran, xa hai tempo adscritos ao curso do río Limia (en portugués Lima) na actualidade é comunmente aceptado que o territorio Limico corresponderíase coa actual comarca da Alta Limia, coincidindo cos actuais concellos de Xinzo de Limia, Sarreaus, Vilar de Barrio, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira, e parte de Trasmiras e de Balatar. Serían as dúas lápidas honoríficas arriba citadas, as que levarian a Marcelo Macías, a fins do século XIX, identificar a Civitas Limicorum, que iguala ao Forum Limicorum, co castro da Cidá ou Cibdá, sito no monte do Viso, preto de Nocelo da Pena, no concello de Sarreaus, Ourense. Porén, esta relación foi reconsiderada a partir dos achados das dúas estatuas sedentes en Xinzo de Limia documentadas por Xesús Ferro Couselo no ano 1972.

Na actualidade a maioría dos investigadores coinciden en que o Foro dos Límicos estivo na zona que ocupa o Barrio de Abaixo do actual Xinzo de Limia, como quedou de manifesto no curso de extensión universitaria de Xinzo de Limia "A Limia na época galaico romana", que deu pé ao proxecto arqueogenitio[4]. O argumento arqueolóxico semella quedar superado na actualidade, interpretándose o achado das lápidas e a súa lectura nun contexto xurisdicional do territorio Limiao, fronte o locacional de Marcelo Macias, como deixaron de manifesto Xusto Rodríguez Río ou Fermín Pérez Losada entre outros investigadores. Ha que engadir que Xinzo de Limia o Forum Limicorum, sitúase ó pé do río Limia, nun epicentro de camiños na época Romana, como o definiu X. C. Rivas Fernández.

O romanizado castro de Nocelo da Pena, afastado das vías de comunicación romanas coñecidas no territorio Limiao, tivo unha existencia parella ás explotacións mineiras do lugar. Segundo Rodríguez Colmenero, a propia localización do castro ocupa unha superficie de 3 ha, pero na ampliación da súa localización cara a planicie circundante, abranguiría unha área de 2 millas (romanas) de circunferencia. Este arqueólogo sostén que o lugar remonta até a Idade de Bronce, con continuidade da actividade mineira, con explotación de estaño, até época romana, segundo se deduce de achados da década de 1940.

Consonte o sinalado, os límicos situábanse no curso superior do río Limia e nos arredores da desecada lagoa de Antela, nunha ampla planicie - en realidade unha depresión tectónica -, coñecida popularmente como A Limia, e polos naturais dela denominada simplemente como a Veiga. Esta mesma localización é a admitida por Tranoy no seu mapa sobre a Gallaecia, a pesar de que a redución de Marcelo Macias levarao a colocar, a Civitas Limicorum en Nocelo da Pena.

Seguindo o curso do seu río epónimo, en dirección suroeste, encontraríanse cos quarquernos; cara ao leste os bibalos e os tamaganos.

Aspecto diferente presenta a mansión viaria nomeada Limia. En efecto no Itinerario de Antonino sinálanse, en orde e marcando as distancias entre elas, as estacións da Vía XIX, dita tamén "per loca maritima", é dicir polo litoral, entre Bracara Augusta (Braga) e Asturica Ausgusta (Astorga). As catro primeiras son as seguintes:

  • Limia ........ milia passum XVIII.
  • Tude ......... milia passum XXIII.
  • Burbida ...... milia passum XVI.
  • Turoqua ...... milia passum XVI.

Tanto Tude como Turoqua, están ben identificadas, correspondendo, respectivamente, hoxe ás cidades de Tui e Pontevedra; Burbida asígnase con certas dúbidas a Borbén (estas tres localidades da provincia de Pontevedra), e Limia acostuma identificarse coa actual Ponte de Lima, no Norte portugués, sen ningún problema. Mais debe indicarse, que non ten nada que ver coa Civitas Limicorum, como algúns autores aínda pretenden, é simplemente o nome dunha mansión sita nun paso do río Limia, identificándoa, e pertencería posibelmente ben ao pobo dos seurbos ou dos leunos, conforme á descrición da costa da Gallaecia que efectúa Plinio, IV, 111-112, de norte a sur: "Logo dos cilenos vén o convento bracarense cos helenos, os grovios e o seu oppidum Tyde, todos descendentes dos gregos (...) O río Miño cunha foz de 4.000 pasos de ancho, os leunos, os seurbos e Augusta, a cidade dos brácaros...".

Subdivisións

Por fontes epigráficas coñecemos catro castros ou castella: Arcuce, Beri, Livai' e Talabrica.

  • Fuscus • Se/veri • f(ilius) • Lim(icus) / I (castellum) • Arguce
"Fusco, fillo de Severo, límico do Castro Arguce" (Sabugal, Guarda)
  • Reburrus / Vacisi f(ilius) caste/llo Berensi / Limicus
"Reburro, fillo de Vaciso, límico do Castro Berense" (Calañas, Huelva)
  • Camalus / Mibois(?) Lim[icus |C Livai(rum) h(ic) s(itus) [e(st)] Iul(ius)
"Camalo (?), límico do Castro Livai" (Valpaços, Vila Real)
  • Anceitus Vaccei f(ilius) Limi/cus |(C) Talabriga
"Anceito, fillo de Vacceo, límico do Castro Talabriga" (Luzón, Guadalajara)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Macías, Marcelo, Civitas Limicorum, in Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense (1898) t. I, nº 5.
  • Rodríguez Colmenero, Antonio, Galicia meridional romana. Universidad de Deusto. 1977.
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(1996) "O núcleo urbano de Xinzo de Limia" en RODRIGUEZ COLMENERO,A. coord.(1996) Los orígenes de la ciudad en el Noroeste Hispano. pp. 1291–1304. Lugo
  • XUSTO RODRIGUEZ,M. "A igrexa vella de Xinzo de Limia.Da lenda ó patrimonio histórico". Auria, VII. La Region, pp. 25–27. Ourense
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(1999) "Sta. mariña;un fito patrimonial no centro histórico de Xinzo". Lethes, II. Centro de Cultura Popular da Limia. pp. 74–93. Xinzo
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(2000) "La iglesia vieja de Xinzo de Limia.intervención arqueológica y lectura histórica" Restauración, Rehabilitación. pp26–33. Madrid
  • RIVAS FERNANDEZ,J.C.(2000) "O foro dos límicos, Xinzo, epicentro de camiños en época romana". Lethes, II. Centro de Cultura popular da Limia. pp. 62–73. Xinzo
  • PEREZ LOSADA,F.(2002) "Xinzo de Limia. Entre a cidade e a aldea". Estudo arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia. Brigantium, XIII, pp. 214–227. A Coruña
  • FERRO COUSELO,X. "Estatuas sedentes y una columna miliaria de Xinzo de Limia". Boletín Auriense, II, pp. 329–335. Ourense.pdf
  • FARIÑA BUSTO,F. e XUSTO RODRIGUEZ, M. (1995) "O ara de Xinzo de Limia e a sua contextualización arqueoloxica". Boletín Auriense, XXV, pp. 61–80. Ourense

Outros artigos

Read other articles:

UK Singles Chart number ones UK Singles Chart 1950s 1960s 1970s 1980s 1990s 2000s 2010s 2020s Other charts Melody Maker – 1956–1969 Melody Maker – 1970s Melody Maker – 1980s NME – 1960s NME – 1970s NME – 1980s Record Mirror (1955–1962) Miscellaneous charts 1952–1969 Miscellaneous charts 1969–1988 Related Official Charts Company Christmas number one NME (or New Musical Express) was a British weekly pop music newspaper. Record charts in the United Kingdom began life on 14 N...

 

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要补充更多来源。 (2018年3月17日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:羅生門 (電影) — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 �...

 

Cette page concerne l'année 1784 du calendrier grégorien. Chronologies L’établissement de Chelikhov sur l'île Kodiak.Données clés 1781 1782 1783  1784  1785 1786 1787Décennies :1750 1760 1770  1780  1790 1800 1810Siècles :XVIe XVIIe  XVIIIe  XIXe XXeMillénaires :-Ier Ier  IIe  IIIe Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Cameroun, Cap-Vert, République cent...

Victorian-era theatrical partnership W. S. GilbertArthur Sullivan Gilbert and Sullivan refers to the Victorian-era theatrical partnership of the dramatist W. S. Gilbert (1836–1911) and the composer Arthur Sullivan (1842–1900) and to the works they jointly created. The two men collaborated on fourteen comic operas between 1871 and 1896, of which H.M.S. Pinafore, The Pirates of Penzance and The Mikado are among the best known.[1] Gilbert, who wrote the libretti for these operas, cre...

 

Partai Demokrat Liberal自由民主党 atau 自民党 Jiyū-Minshutō atau JimintōSingkatanLDPPresidenFumio KishidaWakil PresidenTarō AsōSekretaris JenderalToshimitsu MotegiKetua di Dewan PenasihatMasakazu SekiguchiDibentuk15 November 1955; 68 tahun lalu (1955-11-15)Digabungkan dariPartai Demokrat JepangPartai LiberalKantor pusat11-23, Nagatachō 1-chome, Chiyoda, Tokyo 100-8910, JepangSurat kabarJiyū Minshu[1]Keanggotaan (2022) 1,136,445[2]IdeologiKonservatisme&...

 

Yang Amat Berbahagia Tun Datuk Seri PanglimaSakaran Dandai Yang di-Pertua Negeri Sabah ke-8Masa jabatan1 Januari 1995 – 31 Desember 2002Ketua MenteriSalleh Said KeruakYong Teck LeeBernard Giluk DompokOsu SukamChong Kah Kiat PendahuluMohammad Said KeruakPenggantiAhmadshah AbdullahKetua Menteri Sabah ke-8Masa jabatan17 Maret 1994 – 27 Desember 1994GubernurMohammad Said Keruak PendahuluJoseph Pairin KitinganPenggantiSalleh Said KeruakAnggota Parlemen Malaysiadapil Sempo...

Tomislav Butina Informasi pribadiTanggal lahir 30 Maret 1974 (umur 50)Tempat lahir Zagreb, YugoslaviaTinggi 1,91 m (6 ft 3 in)[1]Posisi bermain Penjaga gawangKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1992–2003 Dinamo Zagreb 103 (0)1994–1995 → Karlovac (pinjam) 1995–1996 → Samobor (pinjam) 1996–1997 → Slaven Belupo (pinjam) 2003–2006 Club Brugge 61 (0)2006–2008 Olympiacos 4 (0)2008–2010 Dinamo Zagreb 50 (0)Total 216 (0)Tim nasional1995 Kroasia U-20 1 ...

 

Untuk arti khusus dalam bidang tertentu, lihat protokol (komputer) atau protokol (kriptografi). Sebagai tambahan dari arti di bawah, protokol juga kadangkala berarti perjanjian. Kata ini berasal dari bahasa Yunani yang berarti daun pertaman, menunjuk ke catatan awal dari sebuah perjanjian. Penyambutan kenegaraan untuk kunjungan Kepala negara merupakan bagian dari kegiatan Protokoler suatu negara Protokol adalah tata cara (upacara dan sebagainya) yang secara internasional berlaku dalam hubunga...

 

† Человек прямоходящий Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:Синапсиды�...

SS-Ausbildungs- und Arbeitslager Trawniki (Polen) Warschau Zwangsarbeits- und Ausbildungslager Trawniki Karte des heutigen Polen mit Markierung der Hauptstadt Warschau sowie des einstigen Standortes des von der SS betriebenen Zwangsarbeits- und Ausbildungslagers Trawniki Das von der nationalsozialistischen Organisation Schutzstaffel (SS) betriebene SS-Ausbildungs- und Arbeitslager Trawniki wurde zwischen Juni und September 1941 etwa 40 km südöstlich von Lublin auf dem Gelände einer a...

 

Humpback whalesThe calf Dawn in the Sacramento River in 2007 with the Antioch Bridge visible in the distance Delta and Dawn, also known as the Delta whales, are two humpback whales, a mother and her calf, who entered San Francisco Bay in early May 2007. They swam up the Sacramento River approximately 90 nautical miles (170 km) upstream from the Golden Gate,[1][2] about 20 miles (32 km) further inland than Humphrey the Whale had gone two decades earlier. Under the End...

 

Eurocopter EC135 (sekarang Airbus Helicopters H135) adalah helikopter sipil bermesin ganda yang diproduksi oleh Eurocopter, banyak digunakan di kalangan polisi dan ambulans dan untuk transportasi eksekutif. Helikopter ini mampu terbang di bawah instrument flight rules (IFR). EC135 membuat penampilan publik pertama pada Januari 1995 di Heli-Expo di Las Vegas. Sertifikasi JAA Eropa dicapai pada tanggal 16 Juni 1996, dengan persetujuan FAA berikut pada tanggal 31 Juli. Spesifikasi (EC135 P2 + /...

1970 history book by Paul Avrich Kronstadt, 1921 Cover of the first edition (1970)AuthorPaul AvrichSubjectRussian historyPublished1970 (Princeton University Press)Pages288ISBN9780691630502 Kronstadt, 1921, is a history book by Paul Avrich about the 1921 Kronstadt rebellion against the Bolsheviks. In a 2003 bibliography of the era, Jon Smele summarized the book as, masterfully written and the only full-length, scholarly, non-partisan account of the genesis, course and repression of the rebelli...

 

American racing cyclist (born 1975) Amber NebenNeben during the 2016 Giro d'Italia FemminilePersonal informationFull nameAmber Leone NebenBorn (1975-02-18) February 18, 1975 (age 49)Irvine, California, United StatesHeight1.60 m (5 ft 3 in)[1]Weight48 kg (106 lb) (2008)[1]Team informationDisciplineRoadRoleRiderRider typeAll-rounder[2]Amateur teams2001Autotrader.com2010Webcor Builders2014FCS2015Visit Dallas Cycling Professional tea...

 

Village in Ozaukee County, Wisconsin This article is about the village. For the adjacent town, see Saukville (town), Wisconsin. Village in Wisconsin, United StatesSaukville, WisconsinVillageThe Milwaukee River in Saukville, WisconsinLocation of Saukville in Ozaukee County, Wisconsin.Coordinates: 43°24′22″N 87°57′47″W / 43.40611°N 87.96306°W / 43.40611; -87.96306Country United StatesState WisconsinCountyOzaukeeSettledc. 1845Incorporated1915&#...

Lenticular galaxy in the constellation Phoenix NGC 322DECam view of NGC 322Observation data (J2000 epoch)ConstellationPhoenixRight ascension00h 57m 10.0s[1]Declination−43° 43′ 37″[1]Redshift0.023770[1]Heliocentric radial velocity7,126 km/s[1]Distance318 Mly[2]Apparent magnitude (V)14.25[1]CharacteristicsTypeS0[1]Apparent size (V)1.1' × 0.6'[1]Other designationsESO 243- G 015, MCG -07-03-003...

 

أمريكا المفتوحة 1990 رقم الفعالية 110  البلد الولايات المتحدة  التاريخ 1990  الرياضة كرة المضرب  الفعاليات أمريكا المفتوحة 1990 - فردي السيدات،  وأمريكا المفتوحة 1990 - فردي الرجال،  وأمريكا المفتوحة 1990 - زوجي السيدات،  وبطولة أمريكا المفتوحة 1990 - زوجي الرجال،  و�...

 

Військово-музичне управління Збройних сил України Тип військове формуванняЗасновано 1992Країна  Україна Емблема управління Військово-музичне управління Збройних сил України — структурний підрозділ Генерального штабу Збройних сил України призначений для планува...

United Kingdom legislationLocal Government Act 1985Act of ParliamentParliament of the United KingdomLong titleAn Act to abolish the Greater London Council and the metropolitan county councils; to transfer their functions to the local authorities in their areas and, in some cases, to other bodies; and to provide for other matters consequential on, or connected with, the abolition of those councils.Citation1985 c. 51Territorial extent England and WalesDatesRoyal assent16 July 1985Commence...

 

Pour les articles homonymes, voir JUB. Université Jacobs de BrêmeHistoireFondation 2001StatutType Université privéeNom officiel Jacobs University BremenPrésident Heinz-Otto PeitgenMembre de German Marine Research Consortium (d), Association pour le soutien d’un réseau de recherche en Allemagne (en), Hochschulrektorenkonferenz. Allemagne (en)Site web www.jacobs-university.deChiffres-clésÉtudiants 1 370 (2012/13)Budget 47,9 millions d’eurosLocalisationPays AllemagneCampus 80 a...