Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabarcos.
Os cibarcos ou cabarcos[1] (en latín: Cibarci ou Cabarci) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egobarros. Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.[2]