Hilario Pérez Louzao, máis coñecido como Lázaro Louzao, nado en Xove en 1988, é un cineasta e fotógrafo galego.
Traxectoria
Comezou a expoñer fotografía en 2006 cando aínda cursaba bacharelato na Coruña. Ese mesmo ano mudouse a Santiago de Compostela, onde estudou Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo e fixo un máster en Arte e Comunicación.
En 2010 trasladouse a Bilbao, onde dirixiu as súas primeiras curtametraxes á vez que estudaba Comunicación Audiovisual. Entre estes primeiros traballos destaca CRAC, baseado no poemario homónimo de Gonzalo Hermo. Despois dun breve período en Barcelona onde dirixiu a súa terceira curta no mestrado de Documental Creativo, volveu á Coruña no ano 2016, onde creou Costura Films.
En 2018 estreou no Festival Zinegoak de Bilbao a súa primeira longametraxe, Nove de novembro, que é a primeira de temática LGBT rodada en lingua galega. En setembro recibe o premio á mellor película galega na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.[1]
En xuño do 2020 recibe da man de ALAS A Coruña o XVI Premio Marcela e Elisa a visibilidade LGBT[2], porén o acto de entrega quedou adiado por mor da pandemia de COVID-19. En xaneiro do 2022 publica Palpar a Pel[3], un libro que recolle a súa traxectoria fotográfica de espidos masculinos.
Filmografía
Curtametraxes
- Los seres sombríos (2013)
- CRAC (2014)
- La luz que no vemos (2015)
- Pedras e riceiros (2019)
Longametraxes
Fotografía
Exposicións
Publicacións
- AZUL ROJO OCRE (2017) (Fanzine da exposición)
- Palpar a Pel (2022) (Libro recopilatorio; prólogo de Abel Azcona) ISBN: 978-84-09-37539-4
- A Idade dos Metais (2022) (Fanzine da exposición)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas