En 1999, deixou o ensino ao pedir unha excedencia e pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. Coma concelleiro en Pontevedra, impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra,[2] apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)[3].En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011).[4]
Colabora na recuperación da memoria histórica,[7] primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog. Forma parte do colectivo de recuperación de memoria histórica A Regaduxa.[8] Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva e tamén no Nós Diario[9].
Vida persoal
Luís Bará é o pai do poeta Diego Bará, así coma de Sabela Bará Louro e María Bará Louro.