Lupita Amondi Nyong'o, nada na Cidade de México o 1 de marzo de 1983 é unha actriz kenyana-mexicana.
Traxectoria
Naceu na Cidade de México, filla dun político e profesor universitario kenyano. Marchou de volta a Nairobi coa súa familia antes de cumprir un ano.
Creceu rodeada de artistas e fixo o seu debut teatral aos catorce anos. Tras estudar na universidade de Hampshire, nos Estados Unidos traballou no equipo técnico de filmes coma The Constant Gardener, de Fernando Meirelles.
Tras participar como actriz nalgunhas curtametraxes e series de televisión, debutou na longametraxe 12 anos de escravitude, coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas