Lupin é unha serie de televisión francesa creada por George Kay e François Uzan estreada en Netflix o 8 de xaneiro de 2021. A serie consiste en 17 capítulos, estreados en tres quendas.[1] Está protagonizada por Omar Sy no papel de Assane Diop, un home inspirado polas aventuras de Arsène Lupin, personaxe creado por Maurice Leblanc.[2]
Sinopse
Hai 25 anos, en 1995, Assane Diop é un rapaz marcado pola morte do seu pai, acusado dun crime que non cometeu.[3][4] Na actualidade, Assane participa nun roubo dun colar que pertencía a María Antonieta. A xoia, exposta no museo do Louvre, pertence á rica familia Pellegrini. Diop quérese vingar desta familia por acusar falsamente o seu pai, e obra inspirado polo seu personaxe fetiche o "cabaleiro ladrón" Arsène Lupin. Assane tenta tamén ocuparse do seu fillo Raoul, que vive coa súa exparella Claire[5].
Elenco
- Omar Sy como Assane Diop
- Vincent Londez como Capitán Romain Laugier
- Ludivine Sagnier como Claire
- Clotilde Hesme como Juliette Pellegrini
- Nicole Garcia como Anne Pellegrini
- Hervé Pierre como Hubert Pellegrini
- Soufiane Guerrab como Youssef Guédira
- Antoine Gouy como Benjamin Ferel
- Fargass Assandé como Babakar Diop
- Shirine Boutella como Sofia Belkacem
- Etan Simon como Raoul
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas