Luisa Durán, nada en Logrosán (provincia de Cáceres) o 19 de outubro de 1934 e finada en Vigo o 16 de abril de 2022,[1] foi unha escritora estremeña autora de poesía, prosa e teatro, coñecida co alcume de "La cigarra estremeña". Escribiu en castelán e estremeño.
Traxectoria
Comezou a interesarse pola poesía de nova, e escribiu os seus versos con seis anos. Estudou Maxisterio en Madrid, e con 23 anos emigrou coa súa familia a Borgoña, onde coñeceu o seu marido. O 1 de maio de 1963, Día da Clase Obreira, actuou en Dijon.
En 1970 regresou a Madrid, e consagrouse á literatura coa publicación de libros de poesía e participando en varias emisoras de radio. Foi nesa época cando o xornalista Joaquín Prat lle puxo o alcume de "La cigarra estremeña". Despois seguiu publicando tamén obras en prosa e mesmo algunha peza teatral.
Tempo despois trasladouse a Benicarló, onde fixou a súa residencia. Días antes do seu falecemento viaxara a Vigo para pasar uns días coa súa irmá. Alí faleceu por mor dun derramo cerebral.[1]
Obras
- Tu nombre llevo en silencio (poesía, 1970)
- Mi tierra (poesía, 1981)
- Vivencias (poesía, 1996)
- El canto de la cigarra (poesía, 2002)
- Oficios perdidos: Costumbres y recuerdos de mi infancia (prosa autobiográfica, 2002)
- Qué tiempos! (teatro)
- En casa del alcalde (teatro)
- La feria (sainete)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas