Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1959. Desde 1976 dedicouse á docencia, primeiro en Barcelona e logo en San Sebastián, onde foi catedrático desde 1982 e subdirector desde 1983 na Escola Técnica Superior de Arquitectura.[2]
Desde 1959 traballou en numerosos proxectos, a maioría no País Vasco, como o Centro Kursaal, construído en San Sebastián en 1989.[2]
A súa obra máis coñecida é o Peite do Vento, construído canda a Eduardo Chillida, co que tamén realizou a Praza dos Foros de Vitoria. Entre as súas últimas obras figura a reforma de praza Pasai Donibane (Guipúscoa), premiada polo Colexio Oficial de Arquitectos Vasco Navarro en 2007.[1]
Recoñecementos
1999: Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, concedido pola súa traxectoria profesional.[3]
2004: Medalla de Oro de la Arquitectura, concedida por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.[4]
2007: Premio COAVN de Arquitectura ao mellor deseño urbano e paisaxismo.[5]