Ludwig Bemelmans

Modelo:BiografíaLudwig Bemelmans

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1898 Editar o valor en Wikidata
Merano, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1962 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 43, grave 2618 38°53′08″N 77°04′19″O / 38.885619, -77.071861 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, ilustrador, pintor, escritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMadeleine Bemelmans Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0069840 IBDB: 10037
BNE: XX1195716 Discogs: 2590880 WikiTree: Bemelmans-131 Find a Grave: 21771 Editar o valor en Wikidata

Ludwig Bemelmans, nado o 27 de abril de 1898 e finado o 1 de outubro de 1962, foi un escritor e ilustrador estadounidense, máis coñecido pola súa serie de libros para nenos Madeline.

Traxectoria

O pai de Bemelmans era belga, Lambert Bemelmans, e a súa nai alemá, Frances Fischer, e el naceu en Merano, actualmente en Italia pero entón en Austria, onde seu pai rexentaba un hotel. Medrou en Gmunden, ás beiras do lago Traunsee na Alta Austria.

En 1904, seu pai deixou á familia e súa nai levou a Ludwig e a seu irmán á súa cidade natal, Regensburg, Bemelmans deixou a escola e traballou cun seu tío nun hotel en Austria, pero despois dun problema co director do hotel marchou ós Estados Unidos, onde vivía seu pai.

Durante anos traballou en hoteis e restaurantes e en 1917 entrou no exército, onde chegou ó grao de tetente segundo. En 1918 conseguiu a cidadanía estadounidense. Nos anos vinte intentou dedicarse á pintura, con pouca fortuna. Tivo unha serie de historietas no New York World, "The Thrilling Adventures of the Count Bric a Brac" pero despois de seis meses cancelouse. En 1934 comezou con Hansi a escribir libros para nenos e en 1939 apareceu o primeiro libro da serie de Madeline. Ademais de libros infantís, Bemelmans escribiu libros de viaxe e humorísticos e algún guións para Hollywood, como o de Yolanda and the Thief de Vincente Minnelli.

A serie de Madeline

Cada un dos libros da serie, profusamente ilustrada, comeza da mesma maneira: "In an old house in París, that was covered with vines, lived twelve little girls in two straight lines... the smallest one was Madeline."[1]

As nenas están ó coidado dunha monxa, Miss Clavel. Outros personaxes son Pepito, fillo do embaixador español, Lord Covington (ó que as nenas chaman Cucuface), é o dono da casa e o can Genevieve.

Bemelmans publicou seis historias de Madeline durante a súa vida, e sete máis descubríronse e publicáronse postumamente

  1. Madeline, 1939:
  2. Madeline's Rescue, 1953
  3. Madeline and the Bad Hat, 1956
  4. Madeline's Christmas, 1956
  5. Madeline and the Gypsies, 1959
  6. Madeline in London, 1961

Adaptacións

  • Do primeiro filme, Madeline, fíxo unha curtametraxe de animación Robert Cannon en 1952. Entre 1990 e 1995 gravouse unha serie de debuxos animados e en 1998 estreouse un filme, baseado en varios dos libros, dirixido por Daisy von Scherler Mayer.

Outros libros

  • 1934: Hansi
  • 1936: The Golden Basket
  • 1937: My War with the United States
  • 1938: Quito Express (libro de viaxes)
  • 1939: Small Beer (baseado na súa experiencia en Hollywood)
  • 1940: Fifi
  • 1941: At Your Service
  • 1942: Rosebud
  • 1942: I Love You, I Love You, I Love You
  • 1943: Now I Lay Me Down to Sleep
  • 1945: The Blue Danube
  • 1947: A Tale of Two Glimps
  • 1948: The Best of Times
  • 1952: How to Travel Incognito
  • 1953: The Borrowed Christmas
  • 1953: Parsley
  • 1960: Welcome Home!
  • 1960: How to Travel To Europe All to Yourself
  • 1962: Marina
  • 1962: On Board of Noah's Ark
  • 1963: The Street Where the Heart Lies
  • 1966: The Elephant Cutlet

Notas

  1. Nunha antiga casa de París, toda cuberta de viñas, vivían doce rapaciñas en dúas perfectas liñas...A máis pequerrecha era Madeline