Lucy é un filme francés ciencia ficción e acción e escrito e dirixido por Luc Besson e producido pola súa muller Virginie Silla coa compañía Europacorp. O filme foi rodado en Taipei, París e Nova York. Está protagonizado por Scarlett Johansson, Morgan Freeman, Amr Waked e Choi Min-sik. Johansson intepreta ó personaxe do título, unha muller que adquire habilidades psicoquinéticas a partir dunha droga.
O filme foi estreado o 25 de xullo de 2014, e converteuse nun éxito de recadación,[3] conseguindo $443 millóns sobre un orzamento de $40 millóns.
Sinopse
Lucy é unha muller obrigada a exercer de mula (de drogas) e que adquire poderes sobrenaturais cando a bolsa da droga se rompe e os narcóticos entran en contacto co seu corpo. A partir dese intre, a substancia comeza a mellorar a capacidade do cerebro de Lucy ata chegar ó 100%.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas