Lucas Ordóñez Villavicencio, nado o 21 de setembro de 1988 en San Juan (Arxentina), é un xogador arxentino de hóckey a patíns que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2012-13 xoga no HC Liceo da Coruña.
Ao longo da súa carreira deportiva vestiu a camiseta de moitos equipos, tanto na Arxentina como en Europa: UVT, o Banco Hispano e o Estudiantil da liga arxentina; o Cerdanyola e o Tenerife na súa primeira etapa na OK Liga; o Follonica na liga italiana; e o Vic na súa segunda etapa na OK Liga antes de chegar ao equipo herculino.
É tamén un fixo na selección arxentina, coa que se proclamou campión da Copa América en 2008.
Palmarés
CDU Estudiantil
AP Follonica
CP Vic
HC Liceo
Selección arxentina
Véxase tamén
Ligazóns externas