Luca Chao Pérez, nada en Lugo en 1988, é unha política galega de En Marea.[1]
Traxectoria
Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2011) e máster Oficial en Migracións Internacionais (2012). Investigadora no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade da Coruña e membro do Equipo de Socioloxía de Migracións Internacionais,[1] onde impartiu clase e traballou na súa tese doutoral sobre a participación política dos descendentes do exilio republicano.[2] Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea e voceira do seu grupo parlamentario. Tamén exerce labores de consultaría para o sector público[3] e colabora con medios como Nós Diario e Público.[4][5]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas