Lourdes Domínguez Lino, nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1981, é unha tenista galega.
Traxectoria
Comezou a xogar sendo unha nena, e aos 14 anos foi prepararse ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, en Barcelona, onde segue vivindo. O seu adestrador é Karin Perona.
Foi a primeira galega en gañar un torneo da WTA e a primeira galega en clasificarse entre as cen mellores xogadores de tenis do mundo e, despois entre as cincuenta. Tamén foi a primeira galega en lograr o pase á 3ª rolda dun Grand Slam, algo que conseguiu en dúas ocasións en Roland Garros: 2005 e 2009.
Deu positivo por cocaína no torneo de Acapulco de 2002, polo que se lle aplicou unha suspensión de tres meses.[1]
Palmarés
Gañadora no aberto de Bogotá en febreiro de 2006 e finalista nese mesmo torneo en 2005, chegou a ocupar a posición 41ª da clasificación da WTA en maio de 2006. Nesa mesma tempada participou en tres dos catro torneos do Grand Slam, o Aberto de Australia, Roland Garros e Wimbledon e nos tres quedou eliminada en primeira rolda. Volveu gañar o torneo de Bogotá no 2011. En 2015 gañou o torneo ITF de Curitiba[2].
En dobres gañou seis títulos, en 2007 en Bogotá, no 2007 en Acapulco, no 2008 en Barcelona, no 2011 en Bastad, no 2013 en Acapulco e tamén no 2013 en Katowice.
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
WTA
WTA (dobres)
Grand Slam
Polémicas
En 2010, e xunto con outras cinco tenistas españolas María José Martínez, Anabel Medina, Arancha Parra, Carla Suárez e Nuria Llagostera, anunciou a súa renuncia a participar na Copa Federación de tenis representando a España, en protesta pola falta de apoio ao tenis feminino por parte da Federación Española de Tenis[3].
Outros datos
Mide 1.63 e é destra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas