Carla Suárez Navarro, nada en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de setembro de 1988, é unha tenista española. Comezou a xogar na selección nacional na Fed Cup de 2008. En febreiro de 2016 acadou o posto máis alto no ránking WTA da súa carreira, a sexta posición.
O seu debut nun Grand Slam produciuse no Torneo de Roland Garros de 2008, no que chegou a cuartos de final. Tamén chegou a cuartos no Open de Australia de 2009 onde venceu a Venus Williams na segunda rolda, no US Open de 2013 onde perdeu coa campioa Serena Williams, no Roland Garros de 2014 onde perdeu en tres sets con Eugenie Bouchard e no Open de Australia de 2016 onde perdeu contra Agnieszka Radwańska.