Estelle Louise Fletcher, nada en Birmingham (Alabama) o 22 de xullo de 1934 e finada en Montdurausse (Francia) o 23 de setembro de 2022,[1] foi unha actriz estadounidense de cinema e televisión.
Traxectoria
Filla de pais xordos, aprendeulle a falar a súa tía, que foi quen tamén a introduciu na interpretación. Tras estudar na Universidade de Carolina do Norte, marchou aos Ánxeles onde traballou de secretaria mentres asistía a clases nocturnas de interpretación.
Os seus primeiros traballos foron en series de televisión a finais do anos cincuenta, como Maverick ou Perry Mason.
En 1974 actuou no filme Thieves Like Us, de Robert Altman. O seu seguinte papel foi o da enfermeira Ratched en Alguén voou sobre o niño do cuco, co que gañou varios premios, como o Oscar á mellor actriz.
Desde entón foi alternando éxitos e fracasos, así como traballos na televisión.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas