A cidade foi fundada no 1739 co mesmo nome. Considérase como unha das cidades con maior crecemento no país durante as últimas décadas. Segundo os resultados preliminares do censo 2012 a comuna tiña uns 187.000 habitantes, converténdose nunha das comunas con máis poboación ao sur da capital nacional, despois de cidades como Concepción, Temuco, Rancagua, Puerto Montt, Talca e Chillán. Ten unha área de 1.748 km² cunha densidade de poboación de 106,9 hab./km². Sitúase a 139 metros sobre o nivel do mar. O seu xentilicio en castelán é angelino/a.