Loretta Lynn, nada como Loretta Webb en Butcher Hollow (Kentucky) o 14 de abril de 1932 e finada en Hurricane Mills (Tennessee) o 4 de outubro de 2022,[1][2] foi unha cantante e compositora de música country e filántropa estadounidense.
Traxectoria
Filla dun mineiro de mina de carbón, Lynn casou aos 15 anos, foi nai e pouco despois mudouse ao estado de Washington co seu marido, Oliver Lynn. O seu matrimonio foi tumultuoso, el tivo amantes e ela era moi impetuosa; todas estas experiencias xuntas foron a súa inspiración para a música.
Cando tiña 21 anos, o seu marido regaloulle unha guitarra. Ela aprendeu a tocar e gravou ao ano seguinte. Comezou a ser parte da escena country de Nashville (Tennessee) na década de 1960, e en 1967 conseguiu o primeiro de 16 nº 1 (de entre as 70 cancións en lista como artista en solitario e dueto), entre as que destacan "Don't Come Home A' Drinkin' (With Lovin' on Your Mind)", "You Ain't Woman Enough", "Fist City" e "Coal Miner's Daughter".[3]
En 1980 rodouse o filme Coal Miner's Daughter, que relata a vida adolescente e os seus inicios na música. Loretta Lynn foi interpretada pola actriz Sissy Spacek quen gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación.
Discografía
Álbums de estudio
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Dawidoff, N. (1998): In The Country of Country: A Journey to the Roots of American Music. Vintage Books. ISBN 978-0-375-70082-X
- Dogget, P. (2001): Are You Ready for the Country: Elvis, Dylan, Parsons and the Roots of Country Rock. Penguin Books. ISBN 978-0-14-026108-7
- Feiler, B. (1998): Dreaming Out Loud: Garth Brooks, Wynonna Judd, Wade Hayes and the changing face of Nashville. Avon Books. ISBN 978-0-380-97578-5
Ligazóns externas