Lope de Aguirre ou ben Lope o Tolo ou Lope o Tirano, alcumes usados mesmo polos seus propios homes, e tamén como se denominaba a si mesmo Lope de Aguirre o Peregrino, nado o 8 de novembro entre 1511 e 1515, e finado o 27 de outubro de 1561, foi un explorador vasco e conquistador de Suramérica.
Traxectoria
Segundo algunhas fontes, Aguirre naceu entre 1511 e 1515 no Val de Araoz do Señorío de Oñati, entón pertencente ó Reino de Castela[1]. Araoz pertence actualmente ó municipio de Oñati (Guipúscoa).
Protagonizou un episodio de cruentos asasinatos selectivos para erixirse en líder dunha expedición na procura de El Dorado e, á súa vez, acaudillou unha rebelión contra a Monarquía Española. Rebelouse contra o rei Filipe II de España, ó que enviou cartas cunha linguaxe correcta pero rebelde. Como consecuencia, el e os seus homes foron perseguidos ó longo de miles de millas, e foi morto en Barquisimeto, en territorio da actual Venezuela.
Notas