Longa noite é un filme galego dirixido por Eloy Enciso. Estreouse na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Locarno o 14 de agosto de 2019.
Sinopse
O filme está baseado en textos de escritores como Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Jenaro Marinhas del Valle, José María Aroca, Ángeles Malonda ou Rodolfo Fogwill.[2]
Logo da guerra civil española, Anxo regresa á súa vila natal nunha zona rural de Galicia. Alí atópase cos gañadores e cos vencidos da guerra: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista.
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas