Lista de atentados terroristas en 2024
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
Atentados por mes
Xaneiro
1 de xaneiro
- Nixeria: un ataque terrorista cometido durante as celebracións de Aninovo, presuntamente por Boko Haram, nas localidades de Gatamarwa e Tsiha, ambas localizadas no estado de Borno, deixou polo menos 12 mortos e 2 feridos.[1]
2 de xaneiro
3 de xaneiro
6 de xaneiro
9 de xaneiro
10 de xaneiro
12 de xaneiro
- Somalia: un ataque con bomba contra un minibús en Qoryooley deixou polo menos 9 mortos e varios feridos. O atentado aínda non foi reivindicado.[13]
- Iraq: un ataque contra unha base militar turca no norte de Iraq deixou polo menos 6 soldados turcos mortos e 7 feridos. O prepetadores do atentado foron membros do PKK. Como resposta ao ataque, o exército turco lanzou ataques con mísiles que acabaron coa vida de 12 membros do PKK.[14]
13 de xaneiro
- Paquistán: un ataque contra a policía paquistaní no distrito de Kech, na rexión de Baluchistán, deixou polo menos 8 mortos (5 policías e 3 terroristas). O atentado non foi reivindicado.[15]
14 de xaneiro
15 de xaneiro
- Iraq: un ataque contra un posto de control nunha estrada que une as localidades de Baiji e Hadiza deixou polo menos 3 militares mortos. O atentado non foi reivindicado, pero as autoridades botáronllo ao Estado Islámico.[17]
- Israel: un atropelo masivo na localidade de Raanana deixou 1 morto e 17 feridos. Segundo a policía israelí tratáse dun ataque terrorista, aínda que se están a investigar os motivos que levaron ao ataque. O grupo terrorista Hamás eloxiou o atentado, pero non o reivindicou.[18][19]
16 de xaneiro
- Somalia: un ataque suicida en Mogadixo deixou 3 vítimas mortais, e aínda non foi reivindicado. Por outra parte, o grupo terrorista somalí Al-Shabaab executou a 7 persoas en Jilib acusadas de ser espías para diversos países.[20]
18 de xaneiro
- Irlanda: unha explosión provocada pola detonación dun artefacto explosivo improvisado nun albergue en Dublín, deixou 1 morto. A policía irlandesa estao investigando coma un atentado. Os motivos do ataque aínda se descoñecen. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado.[21]
28 de xaneiro
- Turquía: Un tiroteo contra unha igrexa católica na cidade de Istambul deixou 1 morto. Os atacantes foron dous individuos encarapuchados armados pertencentes ao Estado Islámico, que reivindicou máis tarde o atentado.[22]
- República Democrática do Congo: Unha serie de ataques en diferentes localidades pertencentes ao territorio de Beni, na rexión do Kivu Norte, deixaron polo menos 15 mortos. As autoridades responsabilizaron a ADF, que se encontran vinculados ao Estado Islámico.[23]
30 de xaneiro
- Paquistán: Un ataque contra un mitin electoral organizado polo partido Tehreek-e-Insaf, na localidade de Sabi na rexión de Balochistán, deixou polo menos 4 mortos e 5 feridos. O Estado Islámico reivindicou o atentado.[24]
Febreiro
3 de febreiro
- Nixeria: Un ataque contra unha comisaría da rexión de Nganzai, no estado de Borno, deixou 4 policías mortos e un número descoñecido de feridos. Os perpretradores do atentado é a filial do Estado Islámico na África Occidental (ISWAP).[25]
5 de febreiro
6 de febreiro
- Turquía: Un ataque frustado contra un posto de control de seguridade do tribunal principal de Istambul, deixou 3 mortos (1 civil morto e 2 terroristas) e 5 feridos. As autoridades turcas calificaron o ataque de terrorismo e responsabilizaron ao DHKP-C, aínda que esta organización non reivindicou o atentado.[27]
7 de febreiro
- Paquistán: Un triplo ataque con bombas contra oficinas de candidatos políticos que se presentaban as eleccións de Paquistán na provincia de Balochistán, concretamente nas localidades de Pishin, Qilla Saifullah e Karachi, deixaron en total 29 mortos e máis de 30 feridos. O Estado Islámico reivindicou os atentados.[29][30]
- Burkina Faso: Un ataque cometido por presuntos xihadistas na localidade de Tigba, deixou polo menos 50 vítimas mortais.[31]
9 de febreiro
11 de febreiro
- Somalia: Un ataque contra a base militar Xeneral Gordon en Mogadixo, deixou 5 mortos (3 membros das forzas armadas dos EAU, 1 oficial de Bahrein e 1 terrorista) e 2 feridos. O grupo que reivindicou o atentado é Al-Shabaab.[33]
- Camerún: Un ataque bomba durante o Día Nacional da Xuventude na localidade de Nkambe, deixou polo menos 1 morto e varios feridos. As autoridades responsabilizaron aos combatentes separatistas das provincias anglosaxoas.[34]
14 de febreiro
- Siria: Un ataque contra unha posición do exército sirio na área de Duezin, na provincia de Hama, deixou 9 mortos. As autoridades responsabilizaron ao Estado Islámico do atentado.[35]
- Paraguai: Un ataque con explosivos contra un vehículo entre as rexións Amambay e Concepción, deixou 3 mortos. O atentado non foi reivindicado.[36]
- República Democrática do Congo: Un ataque contra unha mina de ouro no distrito de Djugu, na provincia de Ituri, deixou 12 vítimas mortais e 16 secuestrados. O atentado foi cometido por CODECO.[37]
19 de febreiro
- República Democrática do Congo: Un ataque executado por membros de ADF, organización terrorista vinculada ao Estado Islámico no distrito de Beni, na provincia de Kivu do Norte, deixou 11 mortos. Un día máis tarde, o 20 de febreiro, outro ataque executado pola mesma organización contra o distrito de Mambasa, no distrito de Ituri, deixou 13 mortos.[38]
25 de febreiro
- Burundi: Un ataque na localidade de Buringa, na provincia de Bubanza, deixou 9 mortos e 5 feridos. Os perpretadores do atentado é o grupo terrorista RED-Tabara.[39]
- Burkina Faso: Un ataque contra unha igrexa católica da localidade de Essakane, na provincia de Oudalan, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 2 feridas. Os perpretadores do atentado parecen ser militantes islamistas.[40]
- Burkina Faso: Un ataque contra unha mesquita da localidade de Natiaboani, deixou polo menos 14 mortos. O atentado non foi reivindicado por ningunha organización terrorista.[41]
Marzo
14 de marzo
- Somalia: Un ataque contra un hotel en Mogadixo, deixa polo menos 3 vítimas mortais e 30 feridas. Os perpretadores do atentado é o grupo xihadista Al-Shabaab.[42]
- Siria: Un ataque contra persoas que estaban traballando na campaña da trufa, na zona desértica da provincia de Deir Ezzor, deixou 3 mortos. As autoridades culparon ao Estado Islámico do atentado.[43]
16 de marzo
- Siria: Unha explosión dunha mina na localidade de Al Sabja, na provincia de Raqqa, deixou polo menos 16 mortos e 6 feridos. As autoridades responsabilizaron ao Estado Islámico de colocar dita mina. Os afectados eran todo persoas que traballaban durante a campaña da recollida da trufa.[44]
21 de marzo
- Afganistán: Un atentado suicida nun banco de Cabul, deixou polo menos 21 vítimas mortais e 50 feridas. O perpretador do ataque é o Estado Islámico da provincia de Jorasán que reclamou o atentado.[45]
- Paquistán: Un ataque contra o porto da localidade de Gwadar, deixou polo menos 10 mortos (2 soldados e 8 terroristas). As autoridades paquistanís responsabilizaron do atentado ao Exército de Liberación de Baluchistán.[46]
22 de marzo
- Rusia:Ataque contra o Crocus City Hall en marzo de 2024. Un tiroteo na sala de concertos do Crocus City Hall en Krasnogorsk, no oblást de Moscova; e un posterior incendio deixou 144 mortos e 182 feridos. Os perpretadores foron 4 terroristas que pertencían ao Estado Islámico. Os terroristas eran de Taxiquistán.[47]
- Paquistán: Un ataque bomba suicida contra un convoi das forzas de seguridade paquistanís na localidade de Dera Ismail Jan, na provincia de Jíber Pajtunjua, deixou 2 militares mortos. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado.[48]
- Siria: Un ataque por presuntos membros do Estado Islámico contra persoas que estaban traballando durante a campaña da recollida da trufa na provincia de Raqqa, deixou 2 mortos.[49][50]
23 de marzo
- República Democrática do Congo: Un dobre ataque, o sábado 23 e domingo 24 de marzo na localidade de Mulekera, nos arredores da cidade de Beni (Kivu Norte), deixou en total 13 vítimas mortais. Os perpretadores dos atentados son membros das ADF, vinculados ao Estado Islámico.[51]
24 de marzo
- Siria: A explosión dunha mina e un ataque armado cometidos por membros do Estado Islámico contra persoas que traballaban na recollida da trufa no deserto da provincia de Raqqa, deixou 11 mortos e 13 secuestrados.[52]
25 de marzo
- Iemen: Un ataque contra membros do Consello de Transición de Iemen na localidade de Mudiya, na provincia de Abyan, deixou 2 mortos. O perpretadores do ataque é Al-Qaida na península Arábiga.[53]
- Paquistán: Un ataque contra unha base naval na localidade de Turbat, na provincia de Baluchistán, deixou un total de 5 mortos (1 militar e 4 terroristas). Os perpretadores do atentado é o grupo terrorista BLA.[54]
26 de marzo
- Paquistán: Un ataque suicida con coche bomba contra un vehículo que se desprazaba pola localidade de Dasu, na provincia de Jíber Pajtunjua, deixou 6 vítimas mortais, 5 delas cidadáns chineses. Ningún grupo terrorista reivindicou o atentado.[55]
27 de marzo
- Siria: Un ataque supostamente realizado polo Estado Islámico contra milicias proiranís na provincia de Deir Ezzor, deixou 6 mortos.[56]
31 de marzo
- Siria: Varios ataques que se levaron a cabo, o 30 e 31 de marzo, contra obxectivos militares en múltiples localidades sirias, deixaron polo menos 14 militares mortos. Os perpretradores dos atentados foron membros de Estado Islámico.[57]
- Siria: Un ataque contra membros dunha milicia progubernamental siria, Forzas da Defensa Nacional, na cidade Salamíe deixou polo menos 4 mortos. Os falecidos pertencían a mesma familia e encontrabanse recollendo trufas. Os perpretradores do atentado son membros de Estado Islámico.[58]
- Burkina Faso: Un ataque por parte de membros de JNIM, rama local de Al-Qaida en Burkina Faso, contra a localidade de Tawori, na provincia de Tapoa deixou polo menos 73 vítimas mortais e 2 secuestrados.[59]
Abril
3 de abril
- Irán: Un triplo ataque contra varios cuarteis militares e unha comisaría nas provincias de Sistán e Baluchistán, concretamenta nas localidades de Rask e Chabahar, deixou polo menos 27 mortos (11 militares e 16 terroristas). Os ataques foron perpretados por membros do grupo terrorista suní Jaish al Adl.[60]
15 de abril
- Australia: Un ataque con coitelo nunha igrexa en Sydney, concretamente a do Cristo Bo Pastor, deixou 4 feridos. O perpretrador é un adolescente. As autoridades australianas investigan o caso como un acto terrorista, aínda que a motivación é descoñecida.[61]
19 de abril
- Paquistán: Un ataque suicida contra un vehículo que circulaba pola cidade de Karachi e que transportaba a cinco cidadáns xaponeses, deixou 2 terroristas mortos. Ningún grupo terrorista reclamou o atentado.[62]
30 de abril
- Kenya: Un ataque con bomba colocada nun carro tirado por un burro na localidade de El Wak, no condado de Mandera, deixou 5 mortos e 5 feridos. Ningunha organización reivindicou o atentado, pero sospeitase de Al-Shabbaab debido a que xa actuou con anterioridade na zona.[63]
Maio
12 de maio
- República Centroafricana: Un ataque contra unha mina de ouro, administrada por China, na localidade de Gaga deixou polo menos 4 mortos e varias persoas feridas. Os perpretadores do atentado son rebeldes antigubernamentais.[64]
13 de maio
- Iraq: Un ataque supostamente por parte do Estado Islámico contra un posto militar entre as provincias de Diyala e Salahuddin, deixou 5 militares mortos e outros 5 feridos.[65]
15 de maio
- Somalia: Un ataque cun vehículo bomba e un posterior asalta e tiroteo contra un hotel, onde se aloxan normalmente funcionarios e lexisladores do goberno somalí, en Mogadixo deixou en total 8 mortos (3 soldados e 5 terroristas) e segundo os hospitais da cidade o ataque produciu 40 feridos. Mentres que o goberno cifra en 27 persoas feridas. O grupo perpretrador do atentado é Al-Shabbab.[66]
17 de maio
- Afganistán: Un grupo de homes armados atacou un grupo de 13 turistas na cidade de Bamiyán. O atentado deixou 4 vítimas mortais (3 turistas españois e 1 afgán) e 7 feridos (un deles tamén español). O Estado Islámico reivindicou o atentado.[67][68]
20 de maio
- Nixeria: Un ataque de homes armados contra a comunidade de Zurak (dedicada a minaría) no distrito de Wase, no estado de Plateau, deixou polo menos 42 mortos. Ningún organización terrorista reivindicou o atentado.[69]
25 de maio
- Nixeria: Un ataque contra a comunidade de Lamido, na área do goberno local de Bakori no estado de Katsina deixou polo menos 13 mortos e varios feridos. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado.[70]
26 de maio
31 de maio
- Alemaña: Ataque con coitelo en Mannheim de maio de 2024 Un ataque con coitelo na localidade de Mannheim, deixou 1 morto e 5 feridos. O autor do atentado é Sulaiman A., un solicitante de asilo afgán de 25 anos que chegou a Alemaña fai dez anos e que resultou ferido por un disparo por parte da policía alemá. A motivación do ataque é islamista e tiña como obxectivo atacar a membros do partido político, Pax Europa.[74][75]
Xuño
23 de xuño
- Rusia:Atentados en Daguestán en xuño de 2024. Unha serie de atentados contras dúas igrexas ortodoxas, unha sinagoga e postos policiais nas localidades de Derbent e Makhachkala, na rexión de Daguestán, deixou 26 mortos (15 policías, 4 civís e 5 terroristas) e 46 feridos. Os perpretradores dos ataques foron membros pertencentes ao Estado Islámico do Cáucaso. Estas accións foron eloxiadas polo Esado Islámico do Khorasan que perpretrara un atentado contra o Crocus City Hall en marzo de 2024.[76]
25 de xuño
- Níxer: Unha emboscada preto da fronteira con Burkina Faso, perpretrada por membros pertencentes a un grupo terrorista sen identificar, deixou polo menos 21 soldados mortos.[77]
- República Democrática do Congo: Un ataque con morteiro contra a base surafricana de Sake, deixou polo menos 2 mortos e 20 feridos. Sospeitase que o perpretador do atentado é o grupo terrorista M23, segundo as autoridades do Congo están respaldados por Ruanda.[78]
27 de xuño
- República Democrática do Congo: Un ataque contra civís na localidade de Mambelenga, na provincia de Ituri, deixou polo menos 4 vítimas mortais e 2 desaparecidos, ademais dun número indeterminado de vivendas incendiadas. Os responsables do ataque son as ADF, vinculadas ao Estado Islámico.[79]
- Grecia: Unha ataque cunha bomba incendiaria contra a casa dun alto xuíz de Grecia en Atenas, deixou 1 oficial de policía ferido. Ninguén reivindicou o atentado nin se coñecen os motivos.[80]
29 de xuño
- Nixeria: Múltiples atentados suicidas contra distintos eventos que se estaban celebrando na localidade de Gwoza, deixou polo menos 30 vítimas mortais e máis de 100 feridos. Ningún grupo terrorista reivindicou os atentados.[81]
- Serbia: Un intento de atentado terrorista contra a embaixa de Israel en Belgrado, deixou 1 terrorista morto e 1 oficial de policía ferido por disparos dunha bésta. As autoridades serbias calificaron o incidente como terrorismo e o autor é un home de 25 anos serbio, identificado como Milos Zujovic, que se converteu ao islam.[82]
30 de xuño
- Tailandia: Un coche bomba explotou fronte a un apartamento policial na localidade de Bannag Sata, en Yala, deixou polo menos 1 morto e 16 feridos. Descoñecense os motivos do atentado e tamén os autores.[83][84]
Xullo
13 de xullo
- Estados Unidos de América: Intento de asasinato de Donald Trump en xullo de 2024. Un home intentou matar ao expresidente dos Estados Unidos, Donald Trump, mentres estaba dando un mitin no estado de Pensilvania, deixando 1 morto e 2 feridos. Donald Trump recibiu un disparo que o feriu na orella. O tirador tiña 20 anos e chamábase Thomas Matthew Crooks, foi neutralizado pola policía que se encontraba alí. As autoridades investigan o tiroteo como un acto de terrorismo doméstico e intento de asasinato, pero descoñecen os motivos porque levou acabo o atentado.[85]
14 de xullo
- Somalia: Un ataque con coche bomba durante a final da Eurocopa, fronte a unha cafetería en Mogadixo, deixou 5 mortos e 20 feridos. No momento non foi reivindicado por ningunha organización terrorista, pero en Somalia os ataques de Al-Shabbab son moi frecuentes.[86]
16 de xullo
- Omán: Un tiroteo contra unha mesquita xiíta na zona de Al-Wadi Al-Kabir, en Mascate deixou un total de 9 mortos (4 paquistanís, 1 indio, 1 policía omaní e 3 terroristas) e uns 30 feridos. O Estado Islámico, reivindicou o atentado sendo así o primeiro que realiza en chan omaní. Posteriormente a investigación das autoridades policiais de Omán rebelou que os tres terroristas que perpretraron o ataque eran irmás de orixe omaní.[87][88][89][90]
23 de xullo
- Malí: Un ataque contra a localidade de Dembo, na rexión de Mopti, deixou polo menos 25 vítimas mortais. Aínda que JNIM (Al-Qaida no Sahel) non reivindicou o atentado, diversas autoridades locais acusaron ao grupo terrorista.[91]
Agosto
3 de agosto
- Somalia: Un ataque contra un hotel e a praia Lido en Mogadixo, deixou polo menos 37 mortos e 212 feridos (11 críticos, 64 hospitalizados e 137 con feridas leves). O atentado foi reivindicado polo grupo terrorista Al-Shabbaab.[92]
10 de agosto
12 de agosto
16 de agosto
- Iemen: Un ataque suicida con bomba contra un posto militar no distrito de Mudiyah, na provincia de Abyan, deixou 16 soldados mortos e outros 18 feridos. O grupo Al-Qaida na península Arábiga reivindicou o atentado.[95]
23 de agosto
- Alemaña:Atentado de Solingen en agosto de 2024. Un ataque con coitelo durante o festival que conmemoraba o 650 aniversario da fundación da cidade de Solingen, deixou 3 mortos e 8 feridos. O sospeitoso, xa detido, é un home de 26 anos de nacionalidade siria que xurou lealdade ao Estado Islámico. Esta organización terrorista reivindicou máis tarde o atentado terrorista.[96]
- Rusia: Unha toma de reféns nunha prisión situada na localidade de Sourovikino, preto de Volgogrado, deixou en total 8 mortos (4 gardas de seguridade e 4 terroristas) e 3 feridos. Os terroristas ao parecer pertencían ao grupo xihadista Estado Islámico.[97][98]
24 de agosto
- Burkina Faso: Un ataque contra a localidade de Barsalogho, deixou entre 100 e 200 vítimas mortais e 140 persoas feridas. Os autores do atentado son membros pertencentes a organización terrorista JNIM que posteriormente reivindicou o ataque, vinculada a Al-Qaida.[99][100]
- Paquistán: Unha bomba que estaba posta nunha estrada da localidade de Pishin, explotou e deixou polo menos 2 menores mortos e 15 persoas feridas. Ningún grupo terrorista reivindicou o ataque.[101]
25 de agosto
Setembro
6 de setembro
8 de setembro
- Modelo:Country data Cisxordania ocupada: Un home de orixe xordano disparou contra civís israelís na ponte de Allenby, deixou 3 mortos. As autoridades israelís abatiron o autor do tiroteo. As autoridades xordanas identificaron ao autor como Maher Thiab Hussein Al-Jazi. Ningunha organización terroristas reivindicou o ataque, porén Hamas como Xihad Islámica eloxiaron o tiroteo.[104]
12 de setembro
- Afganistán: Un tiroteo contra a minoría xiíta Hazara que viaxaban entre as provincias de Ghor e Daikundi, deixou polo menos 14 vítimas mortais e 6 feridas. O grupo Estado Islámico do Khorasan reivindicou o atentado.[105]
14 de setembro
- Paquistán: A explosión dun dispositivo de detonación colocado nun vehículo da policía paquistaní na localidade de Kuchlak, deixou 2 policías mortos e outros 2 feridos. O grupo terrorista Estado Islámico reclamou a autoría do atentado.[106]
- Somalia: Unha serie de explosións no distrito de Kahda, en Mogadixo, deixou polo menos 5 mortos e 8 feridos. Non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.[107]
16 de setembro
- Somalia: Un ataque contra un posto de seguridade controlado por paramilitares na localidade de Baidoa e un asalto a unha base militar na localidade de Jana Abadalla, na rexión de Baixo Yuba, deixou polo menos 2 mortos e outros 3 feridos. O grupo terrorista Al-Shabbab, vinculado a Al-Qaida, reivindicou o atentado.[108]
19 de setembro
28 de setembro
- Somalia: Dous ataques con bombas nas localidades de Mogadixo e Jowhar, deixou polo menos 6 mortos e 10 feridos. Non foi reivindicado por ningún grupo terrorista, pero sospeitase de Al-Shabbab.[111]
Outubro
1 de outubro
- Irán: Dous ataques separados nas localidades de Nikshahar e Khash, deixaron polo menos 6 mortos. Os autores aínda non foron identificados e ningún grupo reivindicou os ataques.[112]
- Israel: Atentado de Tel Aviv en outubro de 2024. Un tiroteo e un ataque con coitelo na zona de Jaffa, en Tel Aviv, deixou polo menos 7 mortos e 11 feridos. Os autores segundo as autoridades israelís son dous palestinos que xa foron neutralizados. Ningunha organización terrorista reivindicou o atentado.[113]
2 de outubro
- Iraq: Unha emboscada por parte de membros de Estado Islámico contra un convoi do exército, segundo as autoridades iraquís, nunha localidade situada preto da cidade de Kirkuk deixou polo menos 4 soldados mortos e outros 3 feridos.[114]
24 de outubro
- Bosnia e Hercegovina: Un ataque con coitelo contra axentes de policía que se encontraban nunha comisaría da cidade de Bosanska Krupa, deixou 1 morto e 1 ferido. O atacante é un mozo nado no 2009. As autoridades consideran este ataque como un acto de terrorismo.[115]
Novembro
Decembro
Notas
- ↑ Europa Press (3 de xaneiro de 2024). "Al menos doce muertos en un ataque ejecutado por presuntos miembros de Boko Haram en el noreste de Nigeria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (2 de xaneiro de 2024). "Mueren nueve militares y milicianos progubernamentales en un ataque de Estado Islámico en el este de Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ EFE (3 de xaneiro de 2024). "Un ataque terrorista deja al menos 103 muertos y centenares de heridos junto a la tumba del general Soleimani". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (4 de xaneiro de 2024). "Irán rebaja a 84 los muertos en el doble atentado cerca de la tumba de Qasem Soleimani en Kermán". www.europapress.es. Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ EFE (4 de xaneiro de 2024). "El Estado Islámico reivindica el atentado con 84 muertos en el sur de Irán". efe.com (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024.
- ↑ AFP, EFE (7 de xaneiro de 2024). "Aumentan a 5 los muertos tras ataque terrorista en Kabul". www.dw.com (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2024.
- ↑ Xinhua News Agency (9 de xaneiro de 2024). "3 killed, 4 injured as blast targets minibus in Kabul". news.cgtn.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Esref Musa (9 de xaneiro de 2024). "9 dead as Daesh/ISIS terror group attacks convoy of Syrian regime forces". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (9 de xaneiro de 2024). "Mueren catorce militares en un ataque achacado a Estado Islámico en el centro de Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (9 de xaneiro de 2024). "Mueren dos niños por la explosión de una mina supuestamente colocada por Estado Islámico en el este de Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ J.M. Zuloaga (9 de xaneiro de 2024). "Un suicida del Estado Islámico causa 30 víctimas en un ataque a la policía de Pakistán". www.larazon.es (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (10 de xaneiro de 2024). "Muere un policía en un ataque ejecutado por un grupo terrorista suní en el sureste de Irán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ TRTafrika (12 de xaneiro de 2024). "Fatalities after minibus bomb blast in Somalia". www.trtafrika.com (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Daily Sabah (12 de xaneiro de 2024). "6 Turkish soldiers killed, 7 injured in PKK terrorist attack in Iraq". www.dailysabah.com (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2024.
- ↑ Daily Sabah e AP (14 de xaneiro de 2024). "Terrorist attack in southwest Pakistan's Baluchistan kills 5 troops". www.dailysabah.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2024.
- ↑ EFE (15 de xaneiro de 2024). "Al menos once muertos en un ataque de un grupo ligado al Estado Islámico en RD del Congo". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (15 de xaneiro de 2024). "Mueren tres militares en un ataque achacado a Estado Islámico en el oeste de Irak". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024.
- ↑ Raffi Berg (15 de xaneiro de 2024). "Israel: Woman killed, 17 hurt in suspected Palestinian car-ramming attack". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
- ↑ Adam Rasgon (15 de xaneiro de 2024). "Car-Ramming Attack in Israel Kills 1 and Wounds 17, Officials Say". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (16 de xaneiro de 2024). "Mueren tres personas en un atentado suicida en la capital de Somalia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (19 de xaneiro de 2024). "La Policía investiga como un atentado una explosión que mató el jueves a un hombre en un albergue de Dublín". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2024.
- ↑ EFE (28 de xaneiro de 2024). "El Estado Islámico reivindica el ataque contra una iglesia católica en Estambul". efe.com (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024.
- ↑ Europa Press (31 de xaneiro de 2024). "Mueren 15 personas en varios ataques en el este de RDC achacados a las ADF, vinculadas con Estado Islámico". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ Fidel Rahmati (31 de xaneiro de 2024). "ISIS claims responsibility for attack on election rally of Tehreek-e-Insaf party in Pakistan". www.khaama.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Adam Abu-bashal e Gozde Bayar (4 de febreiro de 2024). "4 police officers killed in ISWAP terror attack in northeastern Nigeria". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Caroline Davies e Flora Drury (5 de febreiro de 2024). "Pakistan: At least 10 killed in attack on police station". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ AFP (6 de febreiro de 2024). "Three die in 'terrorist' attack outside Istanbul court". www.france24.com (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press (6 de febreiro de 2024). "Mueren once personas en un ataque en el este de RDC achacados a las ADF". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
- ↑ AL JAZEERA e Axencias de noticias (7 de febreiro de 2024). "Twin bombings kill at least 28 as Pakistan prepares for elections". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Aamir Latif (7 de febreiro de 2024). "Bombings kill 29 in Pakistan on eve of polls". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press (10 de febreiro de 2024). "Mueren 50 personas en un ataque perpetrado por presuntos yihadistas en el este de Burkina Faso". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press (12 de febreiro de 2024). "Mueren 25 militares en un ataque de Estado Islámico en el norte de Mozambique". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Mueren tres miembros de las Fuerzas Armadas de EAU en un presunto ataque terrorista en Somalia". www.europapress.es (en castelán). 11 de febreiro de 2024. Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ Redación de Africanews e Njodzeka Danhatou (12 de febreiro de 2024). "Attaque à la bombe au Cameroun anglophone : au moins un mort et plusieurs blessés". fr.africanews.com (en francés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press (14 de febreiro de 2024). "Mueren nueve militares en un ataque ejecutado por Estado Islámico en Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ Europa Press (14 de febreiro de 2024). "Al menos tres muertos en un supuesto atentado con explosivos contra un vehículo en Paraguay". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ Redacción de Africanews e AP (16 de marzo de 2024). "Rebels attack a gold mine in eastern Congo, killing at least 12 people". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Redacción de Africanews e AP (21 de marzo de 2024). "DRC: at least 24 dead in 2 ADF attacks". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Aurore Bonny (26 de febreiro de 2024). "Terrorist attack kills 9 in northwest Burundi". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Chris Ewokor (25 de febreiro de 2024). "Burkina Faso: At least 15 dead in Catholic church attack". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ James Tasamba (27 de febreiro de 2024). "At least 14 killed in attack on Burkina Faso mosque". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (15 de marzo de 2024). "Mueren tres personas en un ataque de Al Shabaab contra un hotel en la capital de Somalia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (14 de marzo de 2024). "Mueren tres personas en un nuevo ataque achacado a Estado Islámico contra la recogida de trufa en Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (16 de marzo de 2024). "Al menos 16 campesinos mueren en el norte de Siria por la explosión de una mina colocada por Estado Islámico". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (21 de marzo de 2024). "Al menos 21 muertos en un atentado perpetrado por Estado Islámico Provincia de Jorasán en Afganistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (21 de marzo de 2024). "Pakistán confirma la muerte de dos soldados en un ataque "terrorista" contra el puerto de Gwadar". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (24 de marzo de 2024). "Aumentan a 137 los muertos por el atentado terrorista contra la sala de conciertos de Moscú". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (22 de marzo de 2024). "Mueren dos militares en un atentado suicida con coche bomba en el norte de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (22 de marzo de 2024). "Mueren dos personas en un nuevo ataque de Estado Islámico contra la recogida de trufa en Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (29 de marzo de 2024). "Las autoridades rusas elevan a 144 la cifra de muertos por el atentado en Moscú". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (25 de marzo de 2024). "Mueren trece personas en un doble ataque de un grupo vinculado a Estado Islámico en el este de RDC". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (25 de marzo de 2024). "Mueren once personas tras un ataque Estado Islámico en el desierto de Raqqa (Siria)". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (25 de marzo de 2024). "Mueren dos miembros del secesionista Consejo de Transición de Yemen en un ataque de Al Qaeda". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (26 de marzo de 2024). "Muere un militar en un ataque contra una base naval en el suroeste de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (26 de marzo de 2024). "Mueren seis personas, incluido cinco ciudadanos chinos, en un atentado en el norte de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (27 de marzo de 2024). "Mueren seis milicianos proiraníes en un ataque achacado a Estado Islámico en el este de Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ Europa Press (31 de marzo de 2024). "Estado Islámico ha matado a 14 militares sirios en ataques durante las últimas 48 horas, según activistas". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2024.
- ↑ Europa Press (2 de abril de 2024). "Estado Islámico mata a cuatro miembros de una milicia progubernamental siria mientras recogían trufa". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2024.
- ↑ Europa Press (4 de abril de 2024). "Al menos 73 muertos en un ataque de la rama de Al Qaeda en Burkina Faso en el este del país". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ Europa Press (4 de abril de 2024). "Al menos once agentes muertos en un ataque contra cuarteles militares en Irán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ Kevin Shalvey (16 de abril de 2024). "Attack on religious leader in Sydney to be investigated as terror related, police say". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2024.
- ↑ Europa Press (19 de abril de 2024). "Cinco japoneses escapan ilesos a un atentado suicida contra su vehículo en el sur de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Africanews e AP (30 de abril de 2024). "Bomb attack in northern Kenya kills 5 people near the border with Somalia". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ JEAN-FERNAND KOENA (12 de maio de 2024). "Rebels kill at least 4 people during an attack on a Central African Republic mining town". apnews.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ Reuters (14 de maio de 2024). "Five Iraqi soldiers killed in ISIS attack: Report". www.hindustantimes.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ Mohamed Olad Hassan (15 de maio de 2024). "3 Soldiers, 5 Militants Killed in Al-Shabab Attack on Mogadishu Hotel". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ EFE (18 de maio de 2024). "Los tres turistas españoles asesinados en Afganistán viajaban en un grupo de trece personas". efe.com (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2024.
- ↑ EFE (19 de maio de 2024). "El Estado Islámico reivindica el atentado que mató a tres españoles en Afganistán". efe.com (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2024.
- ↑ Agence France-Presse (21 de maio de 2024). "Gunmen kill some 40 people in attack in north-central Nigeria". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ Danjuma Michael, Katsina (26 de maio de 2024). "Terrorists kill 13 in Katsina". guardian.ng (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ AFP (26 de maio de 2024). "Armed men kill at least 18 civilians in central Mali". guardian.ng (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ Europa Press (27 de maio de 2024). "Mueren cinco militares en un atentado de un grupo vinculado a Al Qaeda al norte de la capital de Malí, Bamako". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ Agence France-Presse (26 de maio de 2024). "About 10 civilians killed in DR Congo rebel attack, sources say". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ Europa Press (4 de xuño de 2024). "Alemania asegura que hay "pruebas claras" sobre una "motivación islamista" en el ataque en Mannheim". www.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ WOW/DPA (31 de maio de 2024). "Ermittler halten islamistisches Motiv für wahrscheinlich". www.spiegel.de (en alemán). Consultado o 17 de xuño de 2024.
- ↑ Associated Press (25 de xuño de 2024). "Death toll from attack in Russia's Dagestan reaches 21". www.ctvnews.ca (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2024.
- ↑ Associated Press (25 de xuño de 2024). "21 Nigerien soldiers killed in ambush by 'terrorist group,' ruling junta says". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Chulumanco Mahamba (26 de xuño de 2024). "Two SANDF soldiers killed, 20 injured in DRC mortar attack". www.citizen.co.za (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Europa Press (27 de xuño de 2024). "Asesinadas a machetazos cuatro personas en un nuevo ataque perpetrado por un grupo vinculado a Estado Islámico en RDC". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2024.
- ↑ Associated Press (27 de xuño de 2024). "A Greek police officer guarding a top judge's house is injured in a predawn gasoline bomb attack". www.startribune.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ James Bwala (1 de xullo de 2024). "At least 30 dead, more than 100 injured after multiple suicide bombings in Nigeria: Sources". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Aleks Phillips (29 de xuño de 2024). "Serbian officer shot with crossbow outside embassy". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Abdullah Benjakat and Wassayos Ngamkham (30 de xuño de 2024). "Car bomb outside police flat kills 1, injures 16 in Yala". www.bangkokpost.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Bright Choomanee (30 de xuño de 2024). "Car bomb near Yala police flat kills one, injures several (video)". thethaiger.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2024.
- ↑ Michael Biesecker, Rebecca Santana e Michael Kunzelman (14 de xullo de 2024). "The Secret Service is investigating how a man who shot and injured Trump was able to get so close". apnews.com (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ Africanews e AP (13 de agosto de 2024). "At least five killed in Mogadishu cafe bombing during Euro football final". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ The Associated Press (16 de xullo de 2024). "In attack that shocks quiet Oman, gunmen kill 6 and wound dozens more at a Shiite mosque". wtop.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ Ayaz Gul (16 de xullo de 2024). "Pakistan says 4 nationals killed in Oman attack". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ NDTV Newdesk (16 de xullo de 2024). "Indian Killed In Oman Attack Near Shiite Mosque". www.ndtv.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ David Gritten e Jaroslav Lukiv (16 de xullo de 2024). "Pakistanis and Indian among six killed in Oman attack claimed by IS". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ Newsroom Infobae (23 de xullo de 2024). "Al menos 25 muertos en el centro de Malí por un ataque atribuido a un grupo vinculado a Al Qaeda". www.infobae.com (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ Reuters, dpa e zero (3 de agosto de 2024). "Mindestens 37 Tote bei Anschlag an Strand in Mogadischu". www.srf.ch (en alemán). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Africanews e AP (13 de agosto de 2024). "Islamic State-allied militants kill 12 people in eastern Congo, official says". www.africanews.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ AP (12 de agosto de 2024). "Islamic State claims responsibility for explosion in the Afghan capital Kabul that killed at least 1". apnews.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ New Agencies (16 de agosto de 2024). "Suicide bomber kills 16 soldiers in southern Yemen, official says". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ The Associated Press (25 de agosto de 2024). "Suspect in German knife attack surrenders to police". www.cbc.ca (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2024.
- ↑ Maxim Rodionov, Filipp Lebedev e Mark Trevelyan (24 de agosto de 2024). "Russian snipers kill Islamist hostage-takers to end prison siege". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ Le Monde e AFP (23 de agosto de 2024). "Russie : une prise d’otages dans une prison de l’oblast de Volgograd fait plusieurs morts". www.lemonde.fr (en francés). Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ José Naranjo (25 de agosto de 2024). "Un atentado yihadista causa más de un centenar de muertos y 140 heridos en Burkina Faso". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ RFI (24 de agosto de 2024). "Burkina Faso: de nombreux morts dans le Centre-Nord après une attaque terroriste". www.rfi.fr (en francés). Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ Canadian Press (24 de agosto de 2024). "Roadside bomb kills at least 2 children and wounds 15 people in restive southwest Pakistan". www.bowenislandundercurrent.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2024.
- ↑ Félix Onuah (25 de agosto de 2024). "Two Nigerian police officers killed in attack by Islamist group, say police". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ Associated Press (6 de setembro de 2024). "Man who threatened to kill German police officers believed to have extremist motive". web.archive.org (en inglés). Archived from the original on 23 de setembro de 2024. Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ msn (9 de setembro de 2024). "Jordanian Gunman Kills Three Israelis at Jordan-Israel Bridge". www.gfatf.org (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2024.
- ↑ AP (13 de setembro de 2024). "IS militants kill 14 in a Shiite area of Afghanistan in one of the deadliest attacks this year". apnews.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ Associated Press (16 de setembro de 2024). "Islamic State claims responsibility for weekend bombing that killed 2 police officers in Pakistan". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2024.
- ↑ Europa Press (15 de setembro de 2024). "Al menos cinco muertos y ocho heridos por explosiones de un presunto atentado terrorista en Mogadiscio (Somalia)". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2024.
- ↑ Europa Press (16 de setembro de 2024). "Mueren dos personas tras un ataque de Al Shabaab contra un puesto de control de seguridad en Somalia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2024.
- ↑ News Wires (19 de setembro de 2024). "Major jihadist attack in Mali’s capital killed more than 70, security source says". www.france24.com (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2024.
- ↑ BNO News (20 de setembro de 2024). "Terrorism suspected in fatal knife attack in Rotterdam". bnonews.com (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2024.
- ↑ Reuters (28 de setembro de 2024). "At least six killed by bomb blasts in Somalia". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2024.
- ↑ AP (1 de outubro de 2024). "Gunmen kill 6 people, including a local chief of the paramilitary Revolutionary Guard, in Iran towns". apnews.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ BBC (1 de outubro de 2024). "Un ataque "terrorista" en Tel Aviv deja al menos 7 muertos y una decena de heridos". www.bbc.com (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ Reuters (2 de outubro de 2024). "Islamic State ambush kills four Iraqi soldiers near Kirkuk". www.reuters.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ AP (25 de outubro de 2024). "A deadly attack at a police station in Bosnia is an act of terrorism, prosecutors say". apnews.com (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2024.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|