Lista Serbia (en serbio: Српска листа) é un partido político da minoría serbia na República de Kosovo, dominante na política de Kosovo, e que dende a súa fundación en 2014 ostenta nove mandatos ou os dez mandatos na Asemblea de Kosovo destinada aos serbios. Está estreitamente relacionado co Goberno da República de Serbia, liderado polo populista SNS e o presidente Aleksandar Vučić[1] [2].
Historia
Lista Serbia logrou un total de 38 169 votos (5,30%) nas eleccións lexislativas de xuño de 2014 e o 17 de setembro anunciou que se ía formar parte da coalición de goberno só se Vetëvendosje quedaba fóra[3] como así foi. O 3 de febreiro de 2015 Aleksandar Jablanović cesou como ministro de Comunidades e Retornos e membro de LS, despois da oposición esixir a súa destitución ao chamar "salvaxes" a un grupo de albaneses que atacaron a pedradas aos desprazados internos serbios na véspera de Nadal en Gjakova[4], declaracións que contribuíron ás protestas en Kosovo en xaneiro de 2015 [5]. A Lista Serbia decidiu non asistir á seguinte sesión da Asemblea [6] pero continuou no goberno. Despois das eleccións parlamentarias de 2017 a Lista Serbia aceptou formar parte do goberno dirixido por Ramuš Haradinaj da Alianza para o Futuro de Kosovo, so condición de establecer a Asociación de Municipios de Serbia [7] e participou tamén nos sucesivos gobernos ata decembro de 2022 logo do aumento da tensión entre serbios e albaneses en Kosovo.
Eleccións
Lexislativas
Asembela de Kosovo
Ano
|
Voto
|
% Voto
|
Escanos
|
Escanos serbios
|
+/–
|
Goberno
|
2014
|
38199
|
#5
|
5.20%
|
|
|
9
|
Coalición
|
2017
|
44 578
|
#4
|
6.20%
|
|
|
|
Coalición
|
2019
|
52 620
|
#5
|
6.61%
|
|
|
1
|
Coalición
|
2021
|
44 404
|
#5
|
5.06%
|
|
|
|
Coalición (2021–2022) Oficialmente parte do goberno, pero os seus deputados non votaron a favor da súa elección[8]
|
Sen representación (2022) Os deputados do LS dimitiron ao inicio da coñecida como Crise de Kosovo do Norte[9]
|
Oposición (2022–) Dez días despois de cesaren os deputados de LS volveron ao parlamento, xa como oposición[10]
|
Municipais
Despois das eleccións municipais de 2020, Lista Serbia goberna 10 concellos, polo xeral con amplas maiorías.
Presidentes de Lista Serbia
Notas