O twi[4] ou asante twi, é unha lingua falada por 6-9 millóns de persoas do pobo ashanti como primeira e segunda lingua.[5][6] O twi (ou asante twi) é un nome común para un dos tres antigos dialectos literarios da lingua akan, xunto co asante (ashanti) e o akuapem, que son mutuamente intelixibles. Hai arredor de 9 millóns de falantes twi, a maioría dos cales vive na Rexión Ashanti. O twi akuapem foi o primeiro dialecto akán en ser empregado para as traducións da Biblia, polo que se converteu na variedade de prestixio.[7]
↑Jane Garry, Carl R. Galvez Rubino, "Facts about the World's Languages: An Encyclopedia of the World's Major Languages, Past and Present", H.W. Wilson, USA, 2001, page 8