Linda Davidson|
Nacemento | 20 de agosto de 1946 |
---|
Morte | 24 de outubro de 2017 (71 anos) |
---|
|
Ocupación | escritora |
---|
Linda Kay Davidson, nada o 20 de agosto en 1946[1] e finada o 24 de outubro de 2017, foi unha escritora canadense especializada en peregrinacións e no Camiño de Santiago.
Traxectoria
Doutorouse pola Universidade de Indiana en 1980 e despois exerceu labor docente en diversas universidades, ata ser profesora da Universidade de Rhode Island deica o ano 2006. Viviu tamén longas temporadas da súa vida en Oaxaca. Escribiu diversas obras sobre peregrinacións, algunhas en solitario, e outras canda o seu home David Gitlitz.
En 1974 realizou a súa primeira peregrinación a Santiago de Compostela seguindo o Camiño Francés, e repetiu a peregrinación en 1979, 1987, 1993 e 1996[2].
Obra
- The Pilgrimage Road to Santiago: The Complete Cultural Handbook (2000)[3], con David Gitlitz.
- The Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages: A Book of Essays (2000)
- The Miracles of Saint James (2008) con Thomas F. Coffey
- Drizzle of Honey: The Lives and Recipes of Spain's Secret Jews (2000), con David Gitlitz.
- Pilgrimage: From the Ganges to Graceland: An Encyclopedia (2002), con David Gitlitz.
- Pilgrimage and the Jews (2005), con David Gitlitz.
- Pilgrimage to Santiago. A Comprehensive, Annotated Bibliography (1994), con Maryjane Dunn.
Notas