| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
- sen relevancia aparente
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2014) |
Leonard Orr, nado en Walton, Nova York, en 1938, é un estudante dos ioguis inmortais, da respiración, da Biblia, de sistemas monetarios xustos e do poder das afirmacións na mente humana. É o creador do Renacemento, e dirixe periodicamente seminarios, os cales inclúen a técnica da respiración consciente (a cal pode axudar, segundo afirma, a sandar o chamado Trauma de nacemento) e outras para mellorar a calidade de vida. Os científicos principalmente non aceptan a idea da inmortalidade física, aínda que aceptan outras técnicas que promove Leonard, como é por exemplo a meditación.
Finou na primeira semana de setembro de 2109
Traxectoria
A finais dos anos 60 comeza a desenvolver nos Estados Unidos o que máis tarde chamou Rebirthing ou tamén respiración consciente. Desde entón, viaxa por todo o mundo impartindo seminarios nos que explica esta técnica de respiración, así como outras técnicas de purificación espiritual para manterse san e inmortal. Tamén é defensor do vexetarianismo e dálle importancia á alimentación crúa. Así mesmo, está interesado na ecoloxía do planeta (estivo desenvolvendo un coche solar).
Leonard afirma que coñece doce ioguis inmortais, entre os que sobresae Babaji, un iogui que ten máis de 2000 anos de idade e que practica o Kriya Ioga. Leonard, inspirado nas filosofías destes ioguis, é un defensor da idea da inmortalidade física así como da conciencia de prosperidade. Baséase na idea de que os nosos pensamentos e as crenzas que temos sobre nós mesmos determinan as manifestacións externas da nosa vida.
Tamén ten estudado a verdade sobre o diñeiro e o feito de que os impostos nos Estados Unidos (e na maioría dos países do mundo) superan o 50%, como afirma no seu libro A verdade sobre o diñeiro, e é defensor da creación de sistemas monetarios locais e que os gobernos supriman os impostos. Ademais, sinala que toda persoa adulta debera recibir mensualmente unha cantidade de diñeiro, simplemente por ser traballador ou consumidor. Este ingreso mensual reduciría a pobreza e a criminalidade e aumentaría a prosperidade, xa que todas as persoas terían un diñeiro extra todos os meses, co cal terían máis posibilidades para mellorarse (auto-coñecemento, recibir masaxes etc). Isto beneficiaría os produtores (porque terían máis compradores) e os consumidores (porque terían cartos con regularidade). Así mesmo, é defensor de potenciar o comercio local, e non lle parece ben coller o coche (pois implica máis contaminación) para ir mercar a tendas de moi lonxe só polo feito de aforrar un pouco (Leonard pregúntanos: quen paga a contaminación e o noso tempo?).
Regras para a felicidade
Leonard Orr, na súa páxina web, salienta algunhas técnicas para ter un corpo físico san e unha vida alegre. Entre elas podemos mencionar as seguintes:
- Alimentación vexetariana e exercicio físico regular (ioga, camiñar, natación ou outros), así como un traballo que amemos.
- Realizar respiracións conectadas, relaxadas, ora en seco ora na bañeira.
- Bañarse diariamente na auga, como fan tantos ioguis. Tamén salienta velar pola calidade da auga que bebemos.
- Meditación (ou observación dos nosos pensamentos). El defende que os pensamentos negativos podemos mudalos, traballando con afirmacións, que temos que usar axeitadamente para eliminalos.
- Relacións humanas amorosas. Isto inclúe unha familia que amemos, así como participar nas relacións da comunidade (veciñanza, colexio e gobernos varios).
- Purificación co lume. Leonard defende que o lume é curativo, e estar ante unha fogueira elimina as emocións negativas (e tamén o impulso de morte).
- Respecto polos sabios. Está ben aprender da xente sabia e pasar tempo con ela.
- Descanso. Está ben descansar un día á semana para render mellor durante o resto da semana.
Bibliografía
En inglés:
En español:
- Renacimiento en la Nueva Era, conxuntamente con Sondra Ray.
- Renacimiento e inmortalidad física (los secretos del juvenecimiento), Mandala Ediciones, 2004.
- La verdad acerca del dinero, editorial Errepar, 1999.
Véxase tamén
Ligazóns externas